Inicio Últimas Noticias Sanidade e Consumo ...

Sanidade e Consumo A cidade apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro en Santiago Abel Caballero amosou esta mañá o seu respaldo á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo 12 de febreiro en Santiago, un apoio que vén reforzado polo acordo plenario acadado na sesión desta mesma mañá. En rolda de prensa, o alcalde defendeu a necesidade de reforzar os cadros de persoal da Atención Primaria.

mércores, 25 xan 2023

O alcalde trasladou esta mañá o seu agradecemento polo acto de recoñecemento organizado por hostaleiros e comerciantes pola campaña do Nadal. En rolda de prensa, explicou que tamén recibiu mensaxes de gratitude doutras localidades que tamén se beneficiaron do efecto das luces de Nadal de Vigo.

mércores, 25 xan 2023

O alcalde detallou na rolda de prensa deste mércores o protocolo municipal de actuación e prevención de accidentes por xeadas que vén de activarse ante as baixas temperaturas da cidade estes días.

mércores, 25 xan 2023

A corporación municipal demanda á Xunta a compatibilidade entre a Risga e o Ingreso Mínimo Vital para o que é preciso que modifique a normativa reguladora. Esta moción socialista contou co apoio do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito.

mércores, 25 xan 2023

A tenente de alcalde e edil de Patrimonio, Elena Espinosa, deu conta no Pleno da aprobación inicial da actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Vigo, que conta cun valor de todos eles de 772 millóns de euros. O edil de Facenda tamén deu conta do informe trimestral de Tesourería.

mércores, 25 xan 2023

A moción socialista apunta a “forte discriminación” que sofre o Concello de Vigo en diferentes ámbitos, tamén o cultural. Saíu adiante co apoio de tódolos grupos municipais agás o PP que se abstivo.


- Te recomendamos -