Inicio Últimas Noticias O goberno local retoma o domingo 19 de febreiro a San Silvestre...

O goberno local retoma o domingo 19 de febreiro a San Silvestre suspendida polo mal tempo

A San Silvestre volverá ás rúas de Vigo o próximo 19 de febreiro, unha vez que o goberno local decidira retomar a carreira que tivo que suspenderse polo mal tempo. Mantense o trazado e o percorrido, de 4 quilómetros, co que a saída e a meta será na confluencia de Elduayen e Porta do Sol.

A tradicional carreira San Silvestre, que tivo que ser suspendida o pasado 31 de decembro polas condicións climatolóxicas, celebrarase o domingo 19 de febreiro, ás 11h. A proba mantén idéntico o trazado previsto naquel momento, con saída e meta na confluencia de Elduayen coa Porta do Sol. Trátase dun percorrido de 4 quilómetros que discorren por Porta do Sol, Policarpo Sanz, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Areal, Oporto, Marqués de Valladares, Carral, Cánovas del Castillo, Mestre Mateo, Teófilo Llorente, Real, Méndez Núñez, Misericordia e remate de novo na Porta do Sol.

Leer más:   Alcaldía Vigo acada os 300.997 habitantes empadronados O Concello trasladou ao Instituto Nacional de Estatística a cifra de habitantes que figuran no padrón municipal con data 1 de xaneiro de 2024. Para Abel Caballero esta cifra “amosa o que significa Vigo, de largo a maior cidade de Galicia e unha das grandes de España con máis de 300.000 habitantes”.

Tal e como explicou, a elección desta data, que coincide co Entroido, facilitará que miles de persoas acudan disfrazadas a un evento que mantén o seu lema: Vigo de récord para alcanzar miles de participantes.

Todas as persoas que se anotaron en decembro manteñen a súa inscripción e, para os que recolleron o dorsal nalquel momento, bastará que acudan portando o mesmo. Para novas inscripcións, estará aberto o prazo desde hoxe ata o 17 de febreiro no portal municipal www.vigo.org.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Vigo é a cidade co turismo máis desestacionalizado de España, contámos cunha inmensa afluencia en verán e inverno”
Artículo siguienteConcello VigoCultura inicia a súa programación con “Pachamama” de Troula Animación