Inicio Últimas Noticias O Concello celebra o “Día da muller e da nena na ciencia”...

O Concello celebra o “Día da muller e da nena na ciencia” con actividades no Verbum

O Verbum volve ser o lugar elixido polo Concello para conmemorar o “Día da muller e da nena na ciencia”. Co obxectivo de achegar ás máis pequenas ao ámbito científico, organizaranse o día 11 de febreiro relatorios e obradoiros científico-tecnolóxicos.

Abel Caballero avanzou esta mañá que, unha vez máis, o Concello celebrará o 11 de febreiro o “Día da muller e da con varias actividades organizadas no Verbum co obxectivo de achegar ás máis pequenas ao ámbito científico.

A primeira das accións será un relatorio show científico baixo o título “Nina hoxe é científica”, a cargo de Patricia Barciela (doutora en ciencias biolóxicas), que levará a cabo varias experiencias científicas espectaculares. Ademais, incorporaranse estratexias para alentar ás nenas a tomarlle o gusto á ciencia e á tecnoloxía.

Leer más:   Cómo detectar si tienes croquetas congeladas con trozos de plástico en tu nevera de Vigo

Tal e como detallou, tamén se organizarán obradoiro científico-tecnolóxicos para alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO. En total, serán 160 os estudantes participantes neste programa formativo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero louva a cooperación entre a Policía Nacional e Local nos municipios
Artículo siguienteEl tiempo en Vigo