Inicio Últimas Noticias O Concello concedeu 156 axudas de emerxencia cun importe de 33.376...

O Concello concedeu 156 axudas de emerxencia cun importe de 33.376 euros

O rexedor deu conta da resolución das Comisións de Axudas de Emerxencia de onte. O goberno local segue co dispositivo do frío en marcha, con prazas dispoñibles no Albergue Municipal.

O Concello concedeu 156 axudas de emerxencia cun importe de 33.376 euros. Deste montante 39 foron para gastos de alugueiro por 14.243 €, “que sigue sendo o máis solicitado”, sinalou o rexedor. Os outros conceptos pertencen a: 1 para mobiliario; 11 para facturas de auga; 9 para facturas de gas, 50 para facturas da luz e 40 de alimentación, ademais de “algunhas de farmacia e de óptica”. Segundo apuntou Caballero, dende que comezou o ano, aprobáronse 600 axudas por valor de máis de 130.000 euros.

Leer más:   Abel Caballero: “Trasladámoslle á Deputación o convenio coas actuacións que queremos que realicen en Vigo”

Dispositivo frío

Desde que comezara o dispositivo do frío a finais de novembro rexistráronse 174 pernoctas nas camas habilitadas para tal fin. Ademais disto tamén achegáronse bebidas quentes a 176 persoas e aportáronse 38 mantas para as persoas que as solicitaron.

Abel Caballero lembrou a atención as persoas que precisan dun lugar para resgardarse do frío e que poden achegarse ao albergue municipal onde hai unha sala con calefacción e pódense realizar distintas actividades de ocio. O rexedor sinalou que poden achegarse ao albergue municipal, xa que conta con prazas vacantes, e en caso de que se se enchan as derivarase ao albergue de Santa Cruz e en caso de cheo actívase o protocolo de derivación aos hostais, co que “ninguén se queda sen unha cama para durmir”.

Leer más:   Vigo acolle o 60º Campionato de España clase Vaurien


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero louva a cooperación entre a Policía Nacional e Local nos municipios
Artículo siguienteEl tiempo en Vigo