Inicio Últimas Noticias A Bouza encheuse de escolares para conmemorar o Día Mundial dos Humedais

A Bouza encheuse de escolares para conmemorar o Día Mundial dos Humedais

O goberno local sumouse á celebración do Día Mundial dos humedais con dúas actividades didácticas e percorridos medioambientais. Hoxe foi a quenda escolar, cunha visita ao humedal da Bouza, mentres que o próximo domingo 5 está previsto un acto familiar con actividades para todas as idades cun roteiro ecolóxico e xogos lúdicos.

O alcalde achegouse esta mañá á Bouza onde estudantes de Primara dos colexios Seis do Nadal e do Illas Cíes realizaron unha visita co obxectivo de recibir información sobre os valores medioambientais dos humidais e a importancia que teñen para preservar a biodiversidade.

Como todos os anos, o Concello de Vigo secundou a campaña de sensibilización da Convención de Ramsar da Unesco a prol das zonas húmidas de todo o planeta, que neste ano ten o lema “Pola restauración dos humidais”.

Leer más:   Urbanismo O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026 O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.

Tal e como detallou, no termo municipal de Vigo cóntase cunha extensión de humedais que alcanza os 314.000 m2, “gran riqueza ecolóxica”, destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro e, en augas salobres, a Xunqueira do Lagares.

Nesta edición 2023 tamén está previsto realizar un evento familiar. Terá lugar o domingo 5 de febreiro. Un percorrido polos humidais do Río Lagares e A Bouza. A convocatoria será ás 09,30 h na Bouza desde onde se trasladará gratuitamente aos asistentes en autobús ata a Xunqueira do Lagares. Ás 10,30h comezará un percorrido interpretado polos humedais do Lagares e A Bouza e ás 11,00 h están previstos xogos medioambientais e lúdicos. A inscrición estará aberta no 010 ata mañá venres, 3 de febreiro.

Leer más:   VigoCultura festexa o Día Mundial do Circo con tres representacións no Auditorio Municipal


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero esixe celeridade á Xunta na autorización para instalar un baño na ETEA
Artículo siguienteVías e Obras Festas e Animación Sociocultural O Concello humanizará toda a contorna de Balaídos cun orzamento de 1,8 millóns O alcalde avanzou esta mañá a previsión de rematar a humanización da rúa Val Mlñor na zona que circunda ao estadio de Balaídos. O goberno local aprobou un proxecto que conta cun orzamento de 1,8 millóns e unha previsión de execución de seis meses.