Inicio Últimas Noticias 16.647 familias viguesas solicitan as axudas do Concello para libros

16.647 familias viguesas solicitan as axudas do Concello para libros

O alcalde informou este venres do peche do prazo de solicitude da axuda de 205 euros por nena ou neno escolarizado en ensino obrigatorio de Primaria e Secundaria na cidade e felicitou ao persoal municipal polo traballo realizado.

Tal e como expuxo Abel Caballero en rolda de prensa, entre o 2 de decembro e o 2 de febreiro, presentáronse un total de 16.647 solicitudes no Rexistro municipal. Destas, 9.613 foron inscritas de xeito telemático e 7.034 de maneira presencial. O Concello destina 5,2 millóns a estas axudas ás familias para a compra dos libros cunha contía fixada de 205 euros por cada fillo.

O rexedor explicou que de todas as solicitudes presentadas polas familias, haberá un “número importante” que será para máis dun neno, xa que cada familia tiña que realizar unha única petición aínda que tivera máis dun fillo escolarizado na etapa obrigatoria.

Leer más:   O Concello inviste 1,8 millóns de euros na humanización da Avenida de Samil

Caballero felicitou “ás traballadores e traballadores municipais polo traballo excepcional” realizado neste procedemento que agora, unha vez pechado o prazo de solicitude, contía coa revisión da documentación e, posteriormente, co pago das axudas “o antes posible”.

Amais, explicou que o Concello establecerá contacto con familias empadroadas en Vigo con nenas e nenos que, por razóns diversas, cursan os seus estudos fóra da cidade

Política Social

O alcalde puxo en valor este venres a política social de Vigo como “o concello de España con máis política social” cun orzamento para axudas de emerxencia “ilimitado; todo o que faga falta” para atender as necesidades cidadás.

Referiuse tamén ao albergue municipal para persoas sen teito cun orzamento anual de 1,5 millóns de euros, que financia o Concello, e ás bolsas de comedor por valor de máis de 2 millóns de euros, que asume o goberno municipal cando é unha competencia da Xunta de Galicia.

Leer más:   O Concello asumiu en 2023 cinco proxectos de cooperación internacional


- Te recomendamos -
Artículo anterior¿Está en Vigo la mejor hamburguesa de España?
Artículo siguienteO Concello retoma o programa educativo inclusivo “En Vigo xogamos todos”