Inicio Últimas Noticias Caballero destaca a “ocupación excepcional” dos hoteis e do aeroporto no mes...

Caballero destaca a “ocupación excepcional” dos hoteis e do aeroporto no mes de xaneiro

Os hoteis da cidade rexistraron no primeiro mes deste 2023 unha ocupación do 50% da súa capacidade, cunha estadía media de 1,7 días, mentres as compañías que operan no aeroporto de Vigo tiveron unha ocupación media superior ao 50%.

O alcalde debullou este venres algúns dos datos da ocupación hoteleira na cidade que cualificou de “extraordinariamente alta para o mes de xaneiro”, xa que os establecementos traballaron co 50% das súas prazas ocupadas. A estadía media das persoas que nos visitaron sitúase en 1,7 días, sendo o 23% procedentes de Galicia, o 48% do resto de España e o 29% de procedencia internacional, entre os que destaca Portugal que suma o 66% dos visitantes internacionais. De Italia chegou o 5% dos turistas internacionais, de Francia o 3%, de Alemaña o 3% e case o 2% dos EEUU.

Leer más:   O TSXG confirma a legalidade da decisión municipal de prorrogar a concesión de Aqualia

“Seguimos tendo unha situación de afluencia hoteleira excepcional, cun turismo absolutamente desestacionalizado”, salientou Caballero.

En canto ao funcionamento do aeroporto no mes de xaneiro, todas as compañías superaron o 50% de ocupación, “datos moi bos”, considerando que todos os voos son a mercado. Así o voo de Vueling a Barcelona rexistrou un 82% de ocupación; o de Ryanair a Barcelona un 77%; a conexión de Air Europa con Madrid un 60%, a de Iberia un 60%; o voo de Binter con Gran Canaria rexistrou un 72% de ocupación e o de Tenerife Norte un 56% mentres o de Air Nostrum con Bilbao acadou o 60% de ocupación.

Para o alcalde, Vigo está “na boa dirección; estamos entre as cidades turísticas máis importantes de España e a máis importante de Galicia co único apoio da cidade”, censurando a falta de apoio da Xunta de Galicia.

Leer más:   ¿Cuándo es el útimo día de clases en Vigo? El calendario que necesitas


- Te recomendamos -
Artículo anterior¿Está en Vigo la mejor hamburguesa de España?
Artículo siguienteO Concello retoma o programa educativo inclusivo “En Vigo xogamos todos”