Inicio Últimas Noticias O alcalde lembra que a cita previa no Concello non é obrigatoria

O alcalde lembra que a cita previa no Concello non é obrigatoria

Durante o ano 2022, o persoal municipal atendeu sen cita a 53.517 persoas. Abel Caballero sinalou que todas a persoas que acoden ás dependencias municipais para realizar algún trámite administrativo “son atendidas” aínda que non dispoñan de cita previa.

O rexedor sinalou que no Concello a cita previa non é obrigatoria desde outubro de 2021, censurando as críticas da oposición pedindo que se eliminara este requisito. “A cita previa foi obrigatoria na pandemia por esa razón pero non antes nin despois”, recalcou.

Tal e como explicou, durante o pasado ano 2022, o persoal municipal atendeu sen cita a 53.517 persoas para diferentes xestións do Concello. A cita previa garante a hora de atención, sen necesidade de facer colas ou esperas pero “tódalas persoas que se achegan ao Concello son atendidas”. No caso da cita previa, en 2022 foron atendidas 161.585 persoas.

Leer más:   Vigo insta á Xunta ao apoio á candidatura de Illas Cíes Xeoparque da UNESCO

O alcalde puxo en valor o “traballo excepcional” que desenvolven as traballadoras e os traballadores municipais aos que felicitou. Puxo como exemplo deste labor que realizan que, soamente para a convocatoria das bolsas de libros, atenderon 16.647 solicitudes, das cales máis de 7.000 foron realizadas nas fiestras de atención ao público e 9.600 de xeito telemático.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local habilita seis camas máis no albergue ante as previsións de baixas temperaturas
Artículo siguienteBenestar Social Os Coidadores de Barrio prestaron 13.262 servizos de acompañamento durante o 2022 O alcalde destacou que se trata “dun servizo que se presta en toda a cidade de Vigo”. Todos os usuarios superan os 60 anos e case a metade contan con algún grao de discapacidade.