Inicio Últimas Noticias Os Coidadores de Barrio prestaron 13.262 servizos de acompañamento durante o 2022

Os Coidadores de Barrio prestaron 13.262 servizos de acompañamento durante o 2022

O alcalde destacou que se trata “dun servizo que se presta en toda a cidade de Vigo”. Todos os usuarios superan os 60 anos e case a metade contan con algún grao de discapacidade.

Abel Caballero avanzou esta mañá as cifras anuais de 2022 do servizo de Coidadores de Barrio, no que se prestaron 13.262 servizos de acompañamento. O proceso máis requirido foron os paseos, realizándose 8.387; seguido de 3.965 recados; 681 acompañamentos periódicos, tales como citas médicas e actividades e finalmente, 229 xestións de trámites.

“Imos seguir apoiando o servizo de Coidadores de Barrio”, sinalou Caballero, destacando que ademais se trata “dun xerador de emprego” xa que produciu a inserción laboral de 57 coidadores, que abandonaron o servizo ao encontrar outro traballo.

Leer más:   Alcaldía O inicio da humanización da rúa Val Miñor avanza a mellora da contorna de Balaídos Abel Caballero colocou este venres, cos concelleiros Carmela Silva, Javier Pardo, e co director de operacións do Celta, Carlos Cao, a primeira pedra da "gran" humanización da rúa Val Miñor, na confluencia de Fragoso e a zona da bancada de Tribuna do Estadio Municipal de Balaídos. Avanzou que a obra, cun orzamento de 1.800.000 euros, estará lista o próximo outono.

O Concello de Vigo xa está licitando o novo contrato, que cubrirá dende xullo de 2023 ata 2026, “a razón de 617.000 euros anuais”.


- Te recomendamos -
Artículo anterior“Vigo somos todxs”: vecinos de la ciudad se manifestan en contra de Abel Caballero
Artículo siguienteO goberno local habilita seis camas máis no albergue ante as previsións de baixas temperaturas