Inicio Últimas Noticias Caballero e Silva eloxian a sensibilidade da artista viguesa Andrea Costas en...

Caballero e Silva eloxian a sensibilidade da artista viguesa Andrea Costas en Desapego

O Museo MARCO inicia a súa programación de 2023 coa exposición da viguesa Andrea Costas Lago que, baixo o título Desapego, presenta un proxecto que reúne obras dos dous últimos anos: fotografías, vídeos e unha instalación específica na propia sala. Abel Caballero e Carmela Silva loaron a sensibilidade desta mostra durante a súa inauguración.

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación acompañaron esta mañá no MARCO a Andrea Costas, artista e docente, que desenvolve o seu labor creativo utilizando diversas linguaxes (instalación, vídeo, performance) se ben é máis coñecida pola súa obra fotográfica. A súa persoal narrativa adoita tratar temas tan cotiáns como universais desde unha perspectiva emocional e psicolóxica.

Desapego é resultado dun proceso de investigación e traballo de varios anos: unha toma de conciencia sobre a maternidade, unha visión en primeira persoa a través da arte, afastada de convencionalismos e idealizacións, no ronsel da obra doutras mulleres como a poeta Adrienne Rich, as fotógrafas Ana Casas e Elinor Carucci ou a artista Ana Álvarez-Errecalde.

Leer más:   O alumnado do CEIP Plurilingüe O Sello coñece as instalacións municipais

A mostra, que conta coa colaboración da Deputación, está comisariada por Miguel Ángel Fernández-Cid e Pilar Souto Souto e permanecerá aberta no Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata o próximo 2 de xullo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello estima que a práctica totalidade das familias solicitou a axuda para libros
Artículo siguienteAlcaldía Turismo e Comercio Abel Caballero: “O vídeo promocional que presentamos en FITUR chega case ao medio millón de reproducións” O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá as cifras en redes sociais da campaña que a cidade levou a FITUR, baixo o lema “Millóns de visitantes acredítannos”.