Inicio Últimas Noticias Economía e Facenda ...

Economía e Facenda O Concello liquida o Orzamento de 2022 que incorpora 95 millóns de euros de remanentes Co avance neste trámite de obrigado cumprimento, o goberno de Vigo poderá incorporar de forma efectiva os remanentes e realizar o pagamento “o antes posible das bolsas de libros”, tal e como explicou o alcalde, que puxo en valor o traballo municipal.

mércores, 8 feb 2023

A Xunta de Goberno aprobará este xoves a humanización dunha vintena de rúas cunha inversión de 1.284.000 euros.

mércores, 8 feb 2023

O alcalde anunciou esta mañá un segundo concerto dentro da programación do Entroido 2023. Xisco Feijóo actuará o sábado 18 na Porta do Sol sumándose súmase a un cartel que xa conta coa música das Tanxugueiras.

mércores, 8 feb 2023

A xornada celebrarase o 7 de maio cunha actuación ao longo da rúa Venezuela. O alcalde invita a participar a todos os grupos folclóricos, colexios, asociacións e organizacións que queiran facer muiñeira.

mércores, 8 feb 2023

O grupo de estudantes de Primaria do centro Eleven School presentáronlle ao rexedor unha proposta para a remodelación da Panificadora que inclúa skate e deporte urbano entre a súa oferta de ocio. Abel Caballero avanzoulles que no proxecto de rehabilitación no que traballa o Concello contémplase a disposición de salas para a mocidade, o deporte e as disciplinas deportivas urbanas e instounos a artellar novas propostas relacionadas co financiamento da actuación, polo que quedaron emprazados a un novo encontro.

Leer más:   Comeza a obra para a construción dunha “grande praza pública” en Hernán Cortés


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello recupera o Día da Muiñeira
Artículo siguientePrevisión meteorológica para Vigo