Inicio Últimas Noticias O alcalde anunciou a renovación da flota de Vitrasa

O alcalde anunciou a renovación da flota de Vitrasa

Son 29 autobuses que entrarán en funcionamento nas vindeiras semanas, dos que 22 son 100% híbridos con motor eléctrico o que permite a redución das emisións contaminantes nun 50%. Caballero destacou que “a idade media dos buses urbanos de Vigo, situase en 6,8 anos, unha das máis baixas de España”.

Os 29 autobuses novos contan con sistema “Start and Stop” e entre as melloras para usuarios e condutores están as cámaras de visión externa, sistema de videovixilancia e cargadores USB. Ademáis, catro deles teñen zona de maleteiro e estarán destinados principalmente para realizar as viaxes na liña A ao aeroporto da cidade.

Os novos autobuses teñen capacidade para un total de 102 pasaxeiros e 154 no caso dos buses articulados, comunmente coñecidos como “oruga”. Do total, 22 teñen unha lonxitude de 12 metros, 6 deles de 18 metros e 1 de 10 metros. Abel Caballero sinalou que “estes novos buses circularán principalmente nas liñas C1, unha das que rexistran maior afluencia de viaxeiros, L4, L5 e a liña A”.

Leer más:   ALERTA EN Vigo ante la plaga de cucarachas resistentes a insecticidas que ya podrían estar en tu casa


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero mostra o seu compromiso e anima a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro
Artículo siguienteEl tiempo en Vigo