Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “O ano que vén convocaremos 50 becas de francés e...

Abel Caballero: “O ano que vén convocaremos 50 becas de francés e 50 de alemán, sumadas ás 900 de inglés”

O alcalde avanzou que hoxe e mañá realizarase a entrega de diplomas do programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.

O Concello de Vigo dedica un importe anual de 2,2 millóns de euros anuais ao “Vigo en inglés”, no que en cada edición viaxan 900 estudantes aproximadamente.

Como destacou o rexedor, o ano pasado dedicamos case 6 millóns de euros, “xa que viaxaron alumnos de dúas convocatorias, un total de 2.379 estudantes que pasaron tres semanas en Reino Unido e Irlanda”. Na tarde de hoxe entregaranse as acreditacións de 2020-2021 e mañá as de 2021-2022.

Caballero tamén avanzou que a principios de marzo iniciarase o prazo de solicitude das bolsas para este curso, no que como é habitual, obteñen praza todos os estudantes que cumpren os requisitos da convocatoria, sen listas de espera. Ademais, o próximo ano, o Concello abrirá dous novos destinos, coa convocatoria de bolsas de inmersión lingüística en alemán e francés.

Leer más:   O alcalde celebra a aprobación da rede de moi alta tensión eléctrica para Vigo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorÚLTIMA HORA | Tragedia viguesa: identifican el cadáver de un ahogado en Vigo hace casi 50 años
Artículo siguienteO rexedor felicita a Alborada ao recibir a Cruz Branca da Orde ao Mérito do Plan Nacional sobre drogas