Inicio Últimas Noticias A grada de Marcador ultima a estrutura da cuberta

A grada de Marcador ultima a estrutura da cuberta

Escoitar

Abel Caballero visitou as obras da grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos. A nova grada avanza segundo as previsións do Concello e xa está a levantar a sexta estrutura, a penúltima, co obxectivo de ter rematado no mes de marzo a cuberta exterior. O alcalde dixo tamén en rolda de prensa que xa fixeron as probas dos asentos e avanzou que na semana do 27 de febreiro a estrutura estará completada. O Concello e a Deputación de Pontevedra invisten 18 millóns de euros na grada de Marcador.

venres, 17 feb 2023


Descargar todas as imaxes

Leer más:   Alcaldía O alcalde afirma que a praza de Vialia se converteu no novo centro de gravidade de Vigo Abel Caballero asegurou este martes que o espazo configurouse como novo “centro de gravidade” cambiando “o concepto de Vigo e a forma de entender a cidade”. Así o afirmou tras asinar, coa directora xeral de Nhood España, Teresa Verdugo, o convenio con Ceetrus Urban Player Spain que converte ao Concello en titular dos 21.904 metros da praza durante 50 anos, e fixa a repartición dos custos do mantemento conxunto entre a administración municipal e a empresa privada. “Isto é moi conveniente para o Concello e aseguramos que estea en perfecto estado”, indicou.

- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero: “Vigo 3D é un dos maiores proxectos de representación virtual desenvolvido nunha cidade española”
Artículo siguienteO Nadal impulsou as afiliacións á Seguridade Social a cifras históricas en decembro de 2022