Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “Vigo 3D é un dos maiores proxectos de representación virtual...

Abel Caballero: “Vigo 3D é un dos maiores proxectos de representación virtual desenvolvido nunha cidade española”

O alcalde presentou esta mañá o proxecto, unha representación virtual con máis de 25 visores interactivos que permiten navegar en 3D pola cidade.

O alcalde presentou esta mañá o proxecto Vigo en 3D, unha representación virtual que contén visores interactivos agrupados en 7 temáticas: ‘Vigo futuro 3D´, que conta con simulacións futuras e onde se poderán ver proxectos como o Halo; `Analíticas 3D´, permite plasmar estudos analíticos avanzados como zonas de calor, zonas de sombra e zonas inundables; `Reconstrucións de cidade’, que permite realizar unha visita virtual ao Vigo do século XIX ou á fortaleza de O Castro; `Nubes de puntos e imaxes 360º’, na que podemos ver a cartografía municipal actualizada e máis de 70.000 imaxes; `Información de edificios’, mostra información catastral de forma máis visual, xerando clasificacións de edificios por ano de construción, superficies comerciais, entre outras; `Distribución de poboación’, con mapas de densidade poboacional por edificios, distritos e seccións e idades e finalmente, `Mapas 3D de servizos’, coa inclusión de mapas de tráfico, turismo ou transporte público.

Leer más:   O Auditorio Municipal será o escenario de “Síbaris”, a obra teatral de Domingo Villar

Como sinalou Caballero, “é un proxecto pertencente ao Vigo Vertical financiado con fondos DUSI”. Todos os datos dos mapas serán accesibles en internet a través de mapas.vigo.org e datos.vigo.org, publicados en aberto para o seu uso pola cidadanía, empresas ou investigadores.

Trátase dunha ferramenta clave para as smart cities, logrando obxectivos como: acelerar a innovación, fomentar a colaboración e reducir os tempos e custos de proxectos; axudar na planificación estratéxica e urbanística da cidade do presente e futuro; mellora continua da seguridade e resiliencia mediante simulacións e análises; reforzar a sustentabilidade da cidade mediante analíticas avanzadas, así como servir como novas plataformas de difusión e demostración da cidade cara á cidadanía potenciando o patrimonio, o medio ambiente e o turismo.

Leer más:   Emilia Pardo Bazán, protagonista do Día do Libro na Porta do Sol


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión meteorológica para Vigo
Artículo siguienteA grada de Marcador ultima a estrutura da cuberta