Inicio Últimas Noticias O Concello renova con 24.000 euros o convenio para a ludoteca de...

O Concello renova con 24.000 euros o convenio para a ludoteca de APAMP

O goberno local deu luz verde á renovación do convenio de colaboración coa ludoteca de APAMP á que aporta 24.500 euros. Caballero deu conta, ademais, da concesión de 716 axudas de emerxencia no que vai de ano o que beneficiou a 2.000 persoas.

A Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil. Cun importe de 24.500 euros, os usuarios das instalacións da rúa Sagunto 86 poderán seguir realizando actividades de dinamización infantil e xuvenil en 2023 nun espazo que, ademais, conta zonas axardinadas ao aire libre.

Axudas de emerxencia

En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta da celebración de dúas comisións de axudas de emerxencia no mes de febreiro. Neste última, convocada o 14 de febreiro, concedéronse 146 achegas por importe de 35.000 euros. Concretamente, outorgáronse 36 axudes de alugueiro; 6 de aloxamento; 10 facturas de auga; 36 facturas de luz; 46 de alimentación, ademais doutros gastos de farmacia ou óptica.

Leer más:   ALERTA EN Vigo ante la plaga de cucarachas resistentes a insecticidas que ya podrían estar en tu casa

Caballero aclarou que desde que comezou o ano xa se concederon 716 axudas que beneficiaron a máis de 2.000 persoas. Ademais, estas achegas con compatibles coa Risga e co Ingreso Mínimo Vital.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO rexedor pon en valor o papel de Mindtech no avance das tecnoloxías na industria
Artículo siguienteDeportes Vías e Obras A grada de Marcador ultima a estrutura da cuberta venres , 17 feb 2023 Abel Caballero visitou as obras da grada de Marcador do Estadio Municipal de Balaídos. A nova grada avanza segundo as previsións do Concello e xa está a levantar a sexta estrutura, a penúltima, co obxectivo de ter rematado no mes de marzo a cuberta exterior. O alcalde dixo tamén en rolda de prensa que xa fixeron as probas dos asentos e avanzou que na semana do 27 de febreiro a estrutura estará completada. O Concello e a Deputación de Pontevedra invisten 18 millóns de euros na grada de Marcador. Educación Caballero anuncia 100 becas no estranxeiro para os estudantes da Escola Oficial de Idiomas venres , 17 feb 2023 O Concello retoma o programa de becas para os alumnos e alumnas da Escola Oficial de Idiomas. Serán un total de 100 para unha inmersión lingüística de dúas semanas que inclúe a viaxe, o aloxamento e un curso homologado. Desenvolvemento Local e Emprego Festas e Animación Sociocultural O Nadal impulsou as afiliacións á Seguridade Social a cifras históricas en decembro de 2022 venres , 17 feb 2023 A hostalería e o comercio local foron os sectores nos que máis creceu o emprego durante o pasado mes de decembro. Un informe do Instituto Galego de Estatística revela que as afiliacións á Seguridade Social, con 108.577 inscricións, rexistraron un récord histórico. Alcaldía O rexedor pon en valor o papel de Mindtech no avance das tecnoloxías na industria venres , 17 feb 2023 Durante a súa intervención, Abel Caballero, quixo sinalar que "en Vigo estamos orgullosísimos de vós e do voso traballo" xa que "somos a cidade da economía, e aquí teredes, no alcalde, un defensor do voso traballo, da vosa acción, do voso valor". Tamén destacou a importancia da tecnoloxía e a industria da distribución na saída da crise e o seu desenvolvemento a través dos fondos europeos. Benestar Social Educación O Concello renova con 24.000 euros o convenio para a ludoteca de APAMP venres , 17 feb 2023 O goberno local deu luz verde á renovación do convenio de colaboración coa ludoteca de APAMP á que aporta 24.500 euros. Caballero deu conta, ademais, da concesión de 716 axudas de emerxencia no que vai de ano o que beneficiou a 2.000 persoas. Educación Alcaldía O alcalde achégase ao Entroido do CEIP Virxe do Rocío venres , 17 feb 2023 Abel Caballero visitou este venres as instalacións do centro educativo, situado en Coia, onde coñeceu de primeira man os disfraces que o alumnado e o profesorado do centro preparou para celebrar o Entroido. O rexedor valorou a creatividade da comunidade educativa e a ilusión das nenas e nenos por participar nesta festa.