Inicio Últimas Noticias O rexedor desexa “todo o éxito” a Simant Dúo na súa parada...

O rexedor desexa “todo o éxito” a Simant Dúo na súa parada en Vigo

Simant Dúo, o dueto artístico formado polo trompetista vigués Rubén Simeó e o pianista valenciano Antonio Morant, presentarán en Vigo o seu novo traballo discográfico, “Skyward”, o próximo 5 de marzo no Teatro Afundación.

“Skyward” é o segundo álbum de estudo de Simant Dúo no que expresan o seu afán por celebrar e honrar influencias musicais de todo tipo. Trátase dunha colección de homenaxes a grandes temas musicais desde a década dos 70 ata hoxe. Versións onde as melodías orixinais foron reinventadas en distintos contextos e estilos.

O dúo rodeouse de grandes artistas para levar a cabo este periplo musical. Exemplo diso son as colaboracións de dúas iconas internacionais como o trompetista de jazz cubano, Arturo Sandoval e o virtuoso violinista libanés Ara Malikian. Abel Caballero sinalou que “Rubén é de Vigo, ademais un trompetista extraordinario, por iso telo na cidade é un privilexio”.

Leer más:   Abel Caballero: "David Regades é o mellor delegado da Zona Franca de toda a historia"

Con este novo lanzamento Simant Dúo quixeron expandir os límites tradicionalmente impostos a un dúo destas características, rompendo barreiras entre xéneros e espremendo as capacidades sonoras de ambos os instrumentos. O traballo de continuidade ao seu primeiro álbum “New way” (2019), co que iniciaron este proxecto en común e puideron comprobar que a sinerxia dos seus sons é recibida con entusiasmo por públicos de toda Europa desde entón. E é que fóra das nosas fronteiras, o talento de Simant Dúo xa foi acollido e recoñecido en cidades como París, Lyon, Lisboa, O Porto, Marsella, Roma, Milán ou Stuttgart.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Casa Galega da Cultura acolle a mostra “60 pezas para 60 anos” da Fundación Penzol
Artículo siguienteXunta de Goberno Local O Concello licita por máis de 673.000€ a renovación do asfaltado de 9 rúas do rural martes , 21 feb 2023 A Xunta de Goberno Local tamén licitou as obras de pavimentación de Conde de Torrecedeira por outros 673.000€ e a adxudicación da contratación para a pavimentación das rúas Carme e Cesáreo González (173.000€) e Nigrán (103.000€). Deportes Caballero valorou o Cidade de Vigo de Hip-Hop, este sábado, como a aposta por unha disciplina "en crecemento" martes , 21 feb 2023 O Trofeo Cidade de Vigo de baile deportivo regresa ao escenario onde empezou, o pavillón municipal de Candeán, e se reinventa, pois por vez primeira o torneo desdobrarase en dous eventos, un específico para Hip-Hop e outro para as modalidades standard e latinos, ritmos caribeños e danza coreográfica. A data dese segundo campionato vaiase anunciar nas vindeiras semanas. Festas e Animación Sociocultural Vigo celebra hoxe o concurso de disfraces e a queima do Meco martes , 21 feb 2023 Para este martes 21 de marzo, o Concello convoca o concurso de disfraces con modalidade infantil e de adulto dende as 17:30 horas da tarde. Tal e como explicou o rexedor, ás 20 horas dará comezo a actuación da orquestra “La Travesía” en Porta do Sol, coa queima do Meco en Policarpo Sanz ás 20:45h e a continuación o segundo pase da orquestra. Cultura A Casa Galega da Cultura acolle a mostra “60 pezas para 60 anos” da Fundación Penzol martes , 21 feb 2023 Abel Caballero participou este martes na apertura da exposición que recolle sesenta pezas pertencentes aos fondos que a Fundación foi salvagardando ao longo dos seus primeiros sesenta anos de historia. Alcaldía O rexedor desexa “todo o éxito” a Simant Dúo na súa parada en Vigo martes , 21 feb 2023 Simant Dúo, o dueto artístico formado polo trompetista vigués Rubén Simeó e o pianista valenciano Antonio Morant, presentarán en Vigo o seu novo traballo discográfico, “Skyward”, o próximo 5 de marzo no Teatro Afundación. Benestar Social O alcalde visita a Residencia Santa Marta martes , 21 feb 2023 Abel Caballero achegouse este martes ás instalacións do centro, situado en Alcabre, onde foi recibido por un grupo de residentes e onde tivo a oportunidade de coñecer o traballo que desenvolven as Irmás dos Anciáns Desamparados e o resto do persoal coas preto de 100 persoas que conforman a comunidade nestes momentos. Durante a visita, o rexedor saudou ás mulleres que cantan no coro, aos residentes que participaban no taller de memoria ou no de informática.