Inicio Últimas Noticias Vigo recibe a produtoras audiovisuais para ser escenario de rodaxes

Vigo recibe a produtoras audiovisuais para ser escenario de rodaxes

Seis localizadores de prestixio nacional e internacional visitan Vigo coa intención de incluír localizacións da cidade en próximas rodaxes. Os profesionais teñen traballado en grandes producións como “A casa de papel”, “The Crown” e campañas de publicidade internacionais.

Seis localizadores nacionais e internacionais de cinema, televisión e publicidade participan desde este venres e ata o luns nunha viaxe de familiarización para incluír a Vigo como escenario para rodaxes. Os localizadores – que participaron en grandes producións como “The Crown”, “A casa de papel”, “Cóntame como pasou”, “Vampire Academy” ou campañas de publicidade internacionais – mostraron nos últimos meses un gran interese por coñecer Vigo coa intención de incluír a cidade como escenario de producións

Leer más:   Alcaldía A Academia proclama a Vigo como "a cidade do cinema" Abel Caballero afirmou no acto de presentación do programa “Rueda Academia de Cinema”, que se desenvolve esta semana en Vigo, que o cinema e o sector audiovisual son “a gran plataforma de comunicación e conformación de todas as culturas”. Ante o vicepresidente da Academia de Cinema, Rafael Portela e a coordinadora de actividades, Inés Enciso, que proclamaron a Vigo como "a cidade do cinema", o alcalde recalcou o papel transcendente que ocupa a creación cinematográfica con só un século de existencia.

Tal e como numerou Abel Caballero en rolda de prensa, “estamos promocionando Vigo para o mundo audiovisual e ofrecemos todo aos efectos de rodaxe e distintos espazos”. Estes profesionais traballan para as principais produtoras que desenvolven nestes momentos grandes producións nacionais e internacionais para cinema e plataformas, como son Palma Pictures, Rúa Cruzada, Vancouver Media e Fresco Films.

O alcalde puxo de exemplo o bo facer da colaboración do Concello con outros rodaxes, como o que remata este xoves dunha produtora filipina que, durante dúas semanas, estivo rodando en Vigo a longametraxe “Why. Because…?”, dunha das directoras máis recoñecidas no seu país, Sigrid A. Bernardo, e que están moi agradecidos ao goberno local polas facilidades para facer o seu traballo.

Leer más:   Vigo acada os 300.997 habitantes empadronados


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local adxudica a rampla mecánica entre Santo Cura de Ars e Aragón
Artículo siguiente