Inicio Últimas Noticias O Concello inviste 1,2 millóns en 18 rúas das parroquias

O Concello inviste 1,2 millóns en 18 rúas das parroquias

A Xunta de Goberno aprobou a pavimentación de 9 rúas que súmanse ás outras 9 aprobadas a semana pasada. Tamén aprobáronse 33 pasos resaltados para a mellora da mobilidade e a seguridade nas parroquias.

Abel Caballero deu conta da mellora da mobilidade e seguridade no rural, amais das obras, que está a realizar o Concello nas parroquias.

Segundo explicou o rexedor, o goberno local licitou asfaltados noutras noutras 9 rúas, que súmanse ás aprobadas a semana pasada. Con todo, actuarase nas seguintes rúas: Penís; Párroco Don Serafín; Cantabria; Fonte Escura; Camiño Sabaxáns; Camiño Sampaio de Abaixo; Parrocha, Camiño Besada; rúa de Vista do Mar; Camiño Couto; Camiño Pousa; Camiño Rioboo; Baixada Salgueira; Fuciños; Estrada José Rivas; Camiño Caringosta; San Paio e Camiño San Xurxo.

Leer más:   O Concello inviste 1,8 millóns de euros na humanización da Avenida de Samil

Caballero anunciou que o Concello está a tramitar o contrato para a instalación de lombos de asno e pasos elevados, maioritariamente no rural. Nas próxima semanas pasará pola Xunta de Goberno Local a instalación dee 33 pasos resaltados.

Estarán situados en rúa Caeiro, avenida rúa Amaro, Cesáreo Vázquez, Seixo, Severino Cobas, Figueiras con Caeiros, Estrada de Casás (2), San Xoan, Carrasqueira, Simancas, Fontiñas, Matamá Pazo, camiño dos Pelaios, Mestres Goldar (2), Goleta, Carballal, Macal, carreteira Regueira, Lalín San Amaro, Parachán, Becerreira, camiño Concello, avenida Santa Mariña, Águia con Becacina, Canteiros, avenida da Marina Española con rúa Ríos, camiño da Falcoa, Irmáns Misioneiros, Olimpia Valencia

“Temos outros 30 máis que imos contratar de forma urxente”, anunciou o alcalde. Vigo conta con 297 redutores de velocidade instalados polo actual goberno local, aos que hai que sumar este 66 más.

Leer más:   O Concello pagará a próxima semana outras 11.617 becas de libros de texto

Caballero lembrou as obras que a está a acometer o Concello nas parroquias: Estrada Beade – Valadares, rúa Paz Pardo, Clara Campoamor, EBAR de Bouzas, ramplas mecánicas para o acceso ao centro de saúde de Lavadores e de Teis, Vista do Mar, cubrición do Helios Bembrive, cubrición dos colexios Ramón Sensat y Frián – Teis, plantación forestal masiva no parque de Navia, viarios da Salgueira, nova biblioteca de Teis e tamén a mellora de abastecemento neste barrio.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local promoverá 27 vivendas protexidas en réxime de alugueiro en Esturáns
Artículo siguienteUrbanismo O goberno local promoverá 27 vivendas protexidas en réxime de alugueiro en Esturáns O Concello construirá 27 vivendas de protección en réxime de alugueiro en Esturáns. Trátase dun edificio de 9 plantas, con 39 prazas de aparcamento e trasteiros.