Inicio Últimas Noticias O voo Vigo – Londres terá tres frecuencias semanais

O voo Vigo – Londres terá tres frecuencias semanais

A Xunta de Goberno aprobará a adxudicación á compañía Ryanair, a única que presentouse ao concurso de promoción turística en destino convocado polo Concello.

Vigo terá a partir do 28 de marzo conexión aérea directa con Londres. A Xunta de Goberno aprobará esta semana a adxudicación do contrato de promoción turística en destino a través da súa conectividade aérea directa con Londres. O Concello sacou a licitación o contrato por un importe de case 1,9 millóns de euros (anos 2023-2025).

Ryanair será a compañía que comezará a operar a ruta Vigo – Londres para a que xa ten a venda os billetes “moi asequibles”, dixo o rexedor. Tal e como estaban fixados os pregos do contrato, haberá tres frecuencias semanais en temporada alta. O aeroporto seleccionado pola empresa é Stansted, ao que voará os martes, xoves e sábados.

Leer más:   Abre o prazo de inscrición para as visitas ás Illas Cíes do "Camiño a Camiño" os domingos 19 e 26 de maio


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero. “Animo a todos os alumnos de 3º da ESO a que se anoten ao ‘Vigo en Inglés 2023’”
Artículo siguienteEducación Alcaldía Abel Caballero. “Animo a todos os alumnos de 3º da ESO a que se anoten ao ‘Vigo en Inglés 2023’” A Xunta de Goberno Local aproborá este venres as bases e a convocatoria para a adxudicación das prazas. Segundo explicou o alcalde, serán un total de 925 prazas para que os estudantes vigueses da ESO viaxen a Inglaterra e Irlanda.