Inicio Últimas Noticias O Concello inicia a tramitación do Plan do Ensanche

O Concello inicia a tramitación do Plan do Ensanche

A Xerencia de Urbanismo deu luz verde á memoria xustificativa da contratación do servizo de redacción do Plan Especial de Protección do Ensanche Histórico de Vigo e a vindeira semana recibirán luz verde os pregos da redacción do instrumento.

O rexedor explicou este venres en rolda de prensa que o Ensanche da cidade é unha zona de edificios históricos “importantísimos” situados nas rúas Urzáiz, Colón ou Praza de Compostela, sendo o ensanche de “maior calidade arquitectónica de Galicia.

Coa redacción do Plan do Ensanche, o goberno municipal actualizará o catálogo, realizará unha boa catalogación “non só para conservar o noso patrimonio, senón para rehabilitar, acondicionar e poñer este patrimonio ao servizo da cidadanía”, apuntou Caballero, que se referiu ao compromiso adquirido de licitar e contratar o procedemento ao longo deste ano.

Leer más:   O goberno local apoia a Reconquista con 155.000 euros

O Concello, de forma preventiva, estableceu que as novas licenzas que se outorguen nestas zonas deben pasar pola Comisión de Seguimento tendo unha tramitación especial e cumprindo os requisitos preceptivos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo presenta o proxecto para a revitalización do casco histórico de Bouzas aos fondos europeos de Turismo
Artículo siguienteO Camiño a Camiño 2023 ofrece percorridos medioambientais, hortas urbanas e voluntariado