Inicio Últimas Noticias O Concello destina 365.000 euros para a autoxestión dos centros educativos

O Concello destina 365.000 euros para a autoxestión dos centros educativos

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a partida para a xestión directa polos Consellos Escolares do mantemento ordinario dos centros públicos de educación infantil e primaria para o ano 2023.

O alcalde puxo en valor a partida de 365.000 euros anuais para este fin, unha cantidade “que damos ás direccións dos centros para obras menores que realizan eles”, e que se incrementou un 24% con respecto ao ano anterior, porque “queremos que teñan máis recursos para esas obras que xorden de forma continua”.

Amais quedaron aprobados os proxectos para o saneamento e abastecemento da rúa Marcelo Currás (A Salgueira) na que había roturas que precisaban ser reparadas e o proxecto da renovación do abastecemento na rúa Toledo na que moitas das tubaxes xa superaron a súa vida útil.

Leer más:   Alcaldía Tráfico e transporte Abel Caballero: “Vigo inicia un tempo novo coa posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas” O alcalde asistiu este mediodía a posta en marcha do novo servizo de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas, no aparcamento subterráneo de Policarpo Sanz.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á prórroga do contrato do servizo de limpeza e pequeno mantemento da Escola Municipal de Artes e Oficios por un importe de 85.680 euros. Abel Caballero explicou na rolda de prensa deste martes que a formación na escola é totalmente gratuíta para o alumnado e que ten un orzamento de 1,2 millóns de euros neste 2023.

O goberno municipal aprobou tamén o convenio “moi significativo e interesante” de colaboración con Down Vigo para a execución do proxecto “Móvome: Autonomía persoal, habilidades sociais e coñecemento da contorna”, cun orzamento de 6.500 euros anuais durante tres anos. Quedou aprobado tamén o expediente de contratación dos servizos de seguridade e vixilancia en CEDRO e os demais centros municipais de Servizos Sociais (Coia, Rivera Atienza, Teis e Casco Vello por un importe anual de 105.429 euros. O Concello dedícalle a CEDRO 1.600.000 euros, “unha actividade sanitaria que cobre na súa meirande parte o Concello de Vigo, cando é competencia da Xunta de Galicia”, rexeitou.

Leer más:   O goberno local comeza os trámites para os Orzamentos de 2025


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO prazo para solicitar as becas municipais de “Vigo en inglés” rematará o 17 de marzo
Artículo siguienteAlcaldía Seguridade O alcalde preside a toma de posesión de 46 novos policías Abel Caballero dirixiu unhas verbas aos novos policías “que son unha parte importantísima da vertebración da cidade” e trasladoulles “os mellores desexos e parabéns” para a súa tarefa.