Inicio Últimas Noticias O alcalde participa na inauguración das novas oficinas de Aqualia en Vigo

O alcalde participa na inauguración das novas oficinas de Aqualia en Vigo

Abel Caballero percorreu o novo espazo que a concesionaria da auga abre na rúa Venezuela para atender “mellor e de forma máis eficaz á cidadanía viguesa”.

O rexedor estivo acompañado por Félix Parra, CEO de Aqualia, unha empresa á que se referiu como unha “grande compañeira de viaxe na mellora permanente do ciclo da auga na cidade” e valorou o “enorme emprego” que xera en Vigo con capacidade de atención as 24 horas do día os 365 días do ano.

Caballero puxo en valor a obra da nova potabilizadora de auga de Vigo, un proxecto cun investimento de máis de 20 millóns de euros “pagados exclusivamente por Vigo”, destacou a depuradora que está “en pleno funcionamento” e avanzou o aproveitamento dos fondos europeos co Perte da auga que reverterá na “mellora da cidade”.

Leer más:   Comeza a obra para a construción dunha “grande praza pública” en Hernán Cortés

As novas oficinas de Aqualia na rúa Venezuela servirán para atender “mellor e de forma máis eficaz á cidadanía viguesa” e serven tamén para dar servizo ao resto de Galicia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorNo mes de febreiro 251 persoas maiores foron atendidas polo servizo de Coidadores de Barrio
Artículo siguienteÚLTIMA HORA | Se pide la colaboración ciudadana para encontrar a un joven de 25 años, desaparecido en Vigo desde el pasado miércoles