Inicio Últimas Noticias O goberno municipal organiza campamentos para persoas con diversidade funcional en Semana...

O goberno municipal organiza campamentos para persoas con diversidade funcional en Semana Santa

A finalidade do programa é permitir a conciliación da vida familiar e laboral para as familias viguesas. O Concello pon en marcha varios cursos de formación para voluntarios durante os meses de marzo, abril e maio.

O alcalde anunciou esta mañá a apertura das inscricións para as actividades de Semana Santa do programa Vigo Inclusivo. Como relatou Caballaero, “trátase dun programa de lecer e tempo libre que estamos a implementar dende o Concello de Vigo, dirixido a persoas con diversidade funcional”.

Este programa incluirá a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de talleres e actividades específicas. Esta destinado para maiores de tres anos de idade e que estean empadroados no municipio. A finalidade deste programa é a de permitir a conciliación familiar nos períodos non lectivos (Semana Santa, verán e nadal); ademais de favorecer a educación non formal e o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional.

Leer más:   O goberno local apoia a Reconquista con 155.000 euros

Para as actividades de Semana Santa ofértanse dous tipos. Por un lado, ofrécense 75 prazas no campamento de Semana Santa que se levará a cabo os días 3, 4, 5 e 10 de abril no Verbum, en horario de 09:00 a 14:00. A segunda opción será o campamento que se realizará no pavillón de Travesas, nas mesmas datas e horarios. Este segundo campamento é en colaboración coa Concellería de Xuventude, presentado a semana pasada, na que se reservan 25 prazas destinadas a diversidade funcional. Todas as persoas interesadas en participar nestes campamentos deben presentar por rexistro do Concello de Vigo antes do luns 27 de marzo.

Cursos de formación para voluntarios

Leer más:   O concerto de Lontreira celebrarase no Auditorio Municipal por mor da choiva

O Concello de Vigo pon en marcha varios cursos de formación para voluntarios, que se desenvolveran entre os meses de marzo, abril e maio. Realízanse nas aulas do Centro Municipal de distrito de Bouzas de 17:00 a 21:00 horas. Os interesados deberán inscribirse a través do teléfono 010.

O número de voluntarios foi crecendo ano tras ano, situándonos nestes momentos con máis de 700 persoas rexistradas na Oficina do Voluntariado. Como enfeitizou o rexedor, “son persoas que ademais de prestar a súa axuda en accións puntuais, colaboran con entidades sociais, eventos culturais, e deportivos da cidade durante todo o ano”.

Programación de cursos:

  • Básico de iniciación ao voluntariado (Mércores 29 e xoves 30 de marzo)
  • Participación efectiva en eventos culturais e musicais (Martes 11 de abril)
  • Claves para un bo acompañamento a persoas maiores (Mércores 12 de abril)
  • Xestión e manexo de o estrés para persoas voluntarias (Martes 18 e mércores 19 de abril)
  • Participación efectiva en actividades deportivas (Xoves 20 de abril)
  • Habilidades de comunicación para persoas voluntarias (Martes 25 e mércores 26 de abril)
  • Prevención de riscos na acción voluntaria (Xoves 27 e venres 28 de abril)
  • Primeiros auxilios básico (Martes 2 e mércores 3 de maio)
Leer más:   A Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES de Navia

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello inviste 300.000 euros no “asfaltado integral” da Avenida de Europa
Artículo siguienteVías e Obras O Concello inviste 300.000 euros no “asfaltado integral” da Avenida de Europa Abel Caballero visitou este luns os traballos de humanización da Avenida, que comprende o tramo completo desde Castelao ata Samil. É unha das cincuenta previstas polo goberno municipal no programa que ten en marcha e que acada os 8 millóns de euros.