Inicio Últimas Noticias O Concello renova o pavimento da rúa Cervantes

O Concello renova o pavimento da rúa Cervantes

Hoxe á noite comezarán os traballos para a renovación do asfaltado da rúa Cervantes. Esta semana tamén comeza o asfaltado da rúa Nigrán. O Concello humanizará ao redor de 70 rúas nas próximas semanas.

O Concello inicia o asfaltado da rúa Cervantes esta noite. Os traballos comezarán hoxe á noite, aproveitando o peche da autoestrada. Esta semana tamén comeza o asfaltado da rúa Nigrán.

O Concello prepara tamén a renovación da calzada das seguintes rúas: Cesáreo González, Camiño Valada (Valadares), Avenida do Fragoso, Joaquín Lóriga, Pontevedra (para a que foi preciso autorización de Patrimonio), Zaragoza, Gran Vía entre Urzáiz e María Berdiales, Porriño, Pai Seixas, Atlántida e rúa do Carmen.

Nun breve espazo de tempo comezarán os traballos en rúa Coruña, Marqués de Valladares, Torrecedeira, Zamora, Doutor Carracido, Doutor Cadaval, Avenida Citröen, Rosalía, República Arxentina, Parada (Matamá), Camiño Pinal (Saiáns), Camiño Corredoura (Castrelos), Camiño Cruceiro (Castrelos), Camiño Pinguela (Valadares), Camiño Galindra (Castrelos), Penís (Cabral), Párroco Don Serafín (Teis), Cantabria (Teis), Fonte Escura (Lavadores), Camiño Sabaxáns (Lavadores), Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio), Rúa Parrocha (Bembrive), Camiño Bicada (Candeán), Vista do Mar (San Xoán), Camiño Pousa (Castrelos), Camiño Couto (Beade), Camiño Rioboo (Salgueira), Baixada Salgueira (Salgueira), Fuchiños (Oia), Estrada José Rivas (Coruxo), Camiño Caringosta (Alcabre), San Paio (Navia) e Camiño San Xurxo (Saiáns).

Leer más:   O TSXG confirma a legalidade da decisión municipal de prorrogar a concesión de Aqualia

A estas rúas súmase o inicio da humanización da Avenida Europa e Tomás Alonso, que comezaron co asfaltado este luns.

Axudas Emerxencia

O Concello celebrou dous comisións de Axudas de Emerxencia no mes de marzo cun importe de 60.053 euros para 229 axudas. A maioría delas para o pago de alugueiro, “co que evitamos desafiuzamentos”, dixo o alcalde. Desde que comezou o ano concedéronse 1.172 axudas por un importe de 243.265 euros.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello celebra o Día da Árbore coa plantación de 30 exemplares no Castro
Artículo siguienteVías e Obras Abel Caballero visita a evolución das obras da nova Estación Potabilizadora de auga da cidade O alcalde visitou está mañá a evolución das obras da nova potabilizadora de auga da cidade: "Deixamos resolto o ciclo da auga en Vigo para os próximos 50 anos".