Inicio Últimas Noticias O bus turístico percorrerá a cidade durante a Semana Santa

O bus turístico percorrerá a cidade durante a Semana Santa

Ante a previsión de visitantes durante este período, o Concello poñerá en marcha o servizo entre o 3 e o 9 de abril ofrecendo rutas de noventa minutos polos lugares máis representativos de Vigo.

O alcalde anunciou este venres a posta en funcionamento do autobús turístico da cidade durante a Semana Santa na que se espera a chegada de turistas a Vigo. Ademais, avanzou o apoio económico municipal aos actos relixiosos que se celebren con corais e bandas de música na rúa para acompañar as procesións co fin de que “a xente que por razóns de cultura ou relixión queiran velas” poidan facelo “nas mellores circunstancias”.

Desde o luns 3 de abril e ata o domingo 9 de abril estará en funcionamento o autobús turístico que ten a disposición da pasaxe audioguías en 8 idiomas e que percorre, durante noventa minutos, os lugares máis representativos da cidade: edificios de interese histórico, Praza de España, O Castro, Praza América, parque de Castrelos, Museo Quiñones de León, Balaídos, Samil, zona de Alcabre, pasando polas ramplas da Gran Vía, os ascensores ou as medianeiras. Ademais, fará tres paradas para que os usuarios poidan baixar e realizar fotografías no Castro, Pazo Quiñones de León e a praia de Samil.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDavid Bisbal actuará o 15 de xullo en Castrelos
Artículo siguienteUrbanismo Vías e Obras Alcaldía Medio Ambiente Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Axenda urbana Caballero inaugura a Gran Vía con medio quilómetro de ramplas mecánicas e xardín botánico Complétase o corredor mecánico desde o cruce de María Berdiales ata Praza de España coa posta en marcha das ramplas entre Venezuela e Nicaragua. O alcalde di que esta forma de mobilidade “é un exemplo que están a ter en conta outros alcaldes e alcaldesas de España”. O Concello investiu cerca de 10 millóns de euros na humanización e mecanización da Gran Vía.