Inicio Últimas Noticias O rexedor: “Xa se pode dicir que hai luz verde para a...

O rexedor: “Xa se pode dicir que hai luz verde para a Biblioteca do Estado en Vigo”

A Xunta de Goberno aprobará inicialmente nas próximas semanas o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións o que permitirá que o Ministerio de Cultura poida iniciar o proxecto arquitectónico da Biblioteca do Estado. Tal e como lembrou o rexedor, esta dotación estará na rúa Lalín e suporá un orzamento de 17 millóns de euros.

O alcalde anunciou esta mañá un paso moi “importante” no avance da Biblioteca do Estado dado que nos próximas días o goberno local dará luz verde inicialmente ao Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións, unha vez que xa conta con todos os informes preceptivos. Unha vez aprobado, este documento será remitido de forma inmediata ao Ministerio de Cultura para que poida iniciar o proxecto arquitectónico, que será un edificio singular adaptado á zona.

Leer más:   O goberno local comeza os trámites para os Orzamentos de 2025

“Xa se pode dicir que a hai luz verde para a Biblioteca do Estado”, dixo Caballero, unha actuación que suporá un investimento de 17 millóns que serán financiados integramente polo Goberno de España.

De xeito paralelo, o Concello seguirá coa tramitación dese Plan Especial que, unha vez aprobado inicialmente, someterase a exposición pública durante dous meses e está previsto que o documento se valide definitivamente en 3 ou 4 meses.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCaballero inaugura a Gran Vía con medio quilómetro de ramplas mecánicas e xardín botánico
Artículo siguienteO bus turístico percorrerá a cidade durante a Semana Santa