Inicio Últimas Noticias O Concello de Vigo apoia a celebración da Semana Santa “para potenciala”

O Concello de Vigo apoia a celebración da Semana Santa “para potenciala”

“Queremos potenciala porque é unha fonte de tradición para uns, de relixión para outros e de turismo para moita xente”, enfatizou Caballero.

O Concello de Vigo financia a Semana Santa de Vigo a través dun convenio de colaboración coa Diocese Tui-Vigo, cun importe preto dos 37.000€. O convenio inclúe o acompañamento musical nas procesións; as bandas de música; o orfeón e as corais; o transporte de material e persoas; a produción e a instalación de elementos.

Caballero sinalou que “arrincaremos coa tradicional Procesión da Borriquita” o domingo 2 de abril. O mércores 5, celebrase un concerto na Porta do Sol ás 20:00h, para dar paso as procesións do xoves, acompañadas por bandas de música, e as actuacións dun orfeón de corais en Porta do Sol ao finalizar. O venres sairán dúas procesións que se xuntarán en Colón para chegar ata Porta do Sol, onde finalizará co acompañamento dun orfeón de corais. Finalmente, o domingo 9 abril, realizaremos un concerto dunha banda de música na Porta do Sol ás 12:00 horas.

Leer más:   Abel Caballero: “Trasladámoslle á Deputación o convenio coas actuacións que queremos que realicen en Vigo”


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal convoca 100 becas para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas
Artículo siguienteFOTO DENUNCIA | Vecinos denuncian esta poda agresiva en Vigo