Inicio Últimas Noticias O Concello aproba as bases do Vigo Emprega 2023

O Concello aproba as bases do Vigo Emprega 2023

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases para seleccionar as persoas candidatas ao Plan de Emprego Municipal que, cun orzamento de 1,5 millóns de euros, ten como obxectivo facilitar a inserción laboral.

O alcalde informou en rolda de prensa do trámite aprobado do programa que permitirá contratar a 75 persoas, que se suman ás 75 que xa están contratadas nestes momentos. Os contratos asinados ao abeiro do programa teñen unha duración de 6 meses e a finalidade municipal é mellorar a formación e “facilitar a adquisición de maiores habilidades profesionais das persoas beneficiarias” do plan así como a súa capacitación e competencia profesional.

Tal e como recollen as bases, os requisitos para poder formar parte do Vigo Emprega 2023 son: ser maior de idade, estar empadroado en Vigo, estar inscrito na oficina de emprego, que é a que deriva ás persoas candidatas logo de seleccionalas para que sexan contratadas, e ter capacidade para desempeñar as tarefas habituais da ocupación á que opte. Tampouco poder ter sido contratados nos últimos 12 meses noutro programa de emprego do Concello.

Leer más:   Caballero anima aos escolares a afondar na historia da Reconquista coas visitas didácticas "A Máquina do Tempo"

As ocupacións que se cubrirán na convocatoria deste ano son: auxiliar administrativo, técnico auxiliar de Prevención de Riscos Laborais, capataz e peóns da construción, oficial albanelería, oficial electricidade, delineante, oficial carpintería aluminio, oficial carpintería de madeira, oficial carpintería metálica, oficial condutor, peóns e oficiais de xardinería-forestal, oficial fontanería, oficial mecánico de maquinaria e oficial de pintura.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal prepara un plan de tráfico para o asfaltado de varios viais
Artículo siguienteO alcalde recibe ao Celta Zorka, clasificado para disputar a fase de ascenso