Inicio Últimas Noticias O Concello de Vigo reforza o servizo de recollida selectiva de aceites...

O Concello de Vigo reforza o servizo de recollida selectiva de aceites e téxtil con 600 novos colectores

Seguindo coa previsión da mellora do servizo incorporaranse progresivamente 300 novos colectores metálicos de aceites e outros 300 de roupa e calzado, ata o mes de xullo. Grazas ao emprego de sistemas dixitalizados poderase realizar un control de cada contedor e xestionar servizos a demanda a través de avisos web.

En Vigo recóllense ao ano un total de 390 toneladas de téxtiles e 26 toneladas de aceites usados, un servizo que cada vez ten maior demanda grazas á concienciación por parte dos cidadáns sobre a necesidade de reciclar este tipo de residuos. Por este motivo, o Concello de Vigo incrementará a recollida selectiva deste tipo de desfeitos que ata o de agora realizase a través de 98 contedores (49 de aceites e 49 de téxtil).

Leer más:   O Concello entrega gratis 1.000 compostadores para o tratamento domiciliario dos biorresiduos

Este reforzo contempla a instalación, de xeito progresivo e ata o mes de xullo, dun total de 600 novos colectores, 300 destinados a aceites de cociña e outros 300, con peches antivandálicos, para roupa, calzado e complementos usados.

Os novos contedores dispoñen de etiqueta electrónica identificativa (TAG) que permite levar un control e seguimento en relación ao seu baleirado e limpeza. A antena instalada nos novos camións recolectores e lavacontenedores detecta a etiqueta e rexistra no equipo a información referente ao seu baleirado e limpeza, contribuíndo así á dixitalización do sistema e ao mantemento dos colectores, permitindo incluso realizar servizos a demanda a través dos avisos web cidadáns.

Entre marzo e abril, instalaranse na cidade 120 contedores de cada tipo co obxectivo de chegar ao mes de xullo completando as 300 unidades para cada unha destas fraccións de residuos. Grazas a este reforzo, a cidade de Vigo contará cunha capacidade potencial de reciclaxe de 1.755 toneladas de téxtiles e ata 117 toneladas de aceites, que vén ser recuperar o 50% da produción deste tipo de residuos.

Leer más:   Caballero anima aos escolares a afondar na historia da Reconquista coas visitas didácticas "A Máquina do Tempo"


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Xunta de Goberno aproba a humanización de Calexón Balado
Artículo siguienteOs museos municipais amplían o seu horario con motivo da Semana Santa