Inicio Últimas Noticias Vigo recibirá 3 millóns de euros do Goberno de España para a...

Vigo recibirá 3 millóns de euros do Goberno de España para a reforma do Concello

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicou a resolución provisional da Liña 2 da convocatoria de Axudas á Rehabilitación de Edificios Públicos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con fondos europeos Next Generation EU.

Vigo recibirá 3 millóns de euros do Goberno de España para a reforma do edificio do Concello da Praza do Rei. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana resolveu favorablemente ao proxecto presentado polo goberno local para a mellora da eficiencia enerxética, sostibilidade e habitabilidade dos espazos destinados á atención ao público.

Abel Caballero informou que as obras da torre terán que estar rematadas antes do 31 de marzo de 2026, seguindo os prazos marcados por Europa. O Concello agora ten que encargar o concurso de ideas para seleccionar a mellorar opción para a reforma integral do edificio do Concello.

Leer más:   Urbanismo O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026 O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Xerencia de Urbanismo acorda a cesión de tres propiedades para mellorar a senda do Lagares
Artículo siguienteO alcalde recibiu ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa