Inicio Últimas Noticias O Concello amplía o orzamento para o centro de formación e emprego...

O Concello amplía o orzamento para o centro de formación e emprego no Casco Vello

A Xunta de Goberno aprobou o modificado do importe do proxecto debido ao incrementos dos prezos na construción, que está financiado cos fondos FEDER da Unión Europea. O Concello xa ten aberta a licitación das primeiras tres formacións que impartiranse no mes de xuño.

Abel Caballero deu conta da modificación do proxecto do centro de formación e emprego que está a desenvolver no Casco Vello por mor da inflación dos prezos da construción. A Xunta de Goberno aprobou a modificación orzamentaria para seguir coas obras, financiadas cos fondos FEDER da Unión Europea dentro do proxecto EDUSI Vigo Vertical. Segundo informou o rexedor, xa está aberta a licitación dos primeiros tres cursos de formación que comezan no mes de xuño: atención sociosanitaria, capacitación dixital e novas tecnoloxías e socialización e habilidades emocionais e autoxestión.

Leer más:   A Academia proclama a Vigo como "a cidade do cinema"

A Xunta de Goberno tamén aprobou o convenio de colaboración coas entidades sociais Alborada, Amaina e Érguete para o desenvolvemento dun programa de prevención das drogodependiencias co obxectivo de facilitar información e sensibilización en torno as adicións. Segundo informou o alcalde, organizaranse 300 obradoiros nos centros educativos de Primaria e Secundaria. Tamén no grao de Maxisterio haberá unha formación para o perfil de mediador para estes casos.

Abel Caballero tamén deu conta da modificación orzamentaria, cifrada en 1.840.000 euros, para o desenvolvemento das festas de Vigo e o festival O Marisquiño.

Naves Coruxo

Por outra banda, hoxe o Concello adquiriu dúas naves na parcela situada na estrada Vao-Coruxo 157 por un importe de 363.000 euros co obxectivo de destinalas ao deporte.

Leer más:   Urbanismo O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026 O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local presenta o proxecto para a mellora do comercio e turismo de Bouzas
Artículo siguienteO alcalde informa de cambios no tráfico polo asfaltado de varias rúas