Inicio Últimas Noticias O goberno municipal inicia a cubrición do tranvía de Castelao

O goberno municipal inicia a cubrición do tranvía de Castelao

Abel Caballero deu conta do inicio dos traballos previos para a cubrición do tranvía de Castelao. Tamén comezan as obras previas para o peche traseiro da pérgola de Praza América.

O alcalde informou do comezo da obra de cubrición do tranvía de Castelao. Hoxe están a comezar os traballos previos para instalar os elementos da cuberta. Segundo explicou, será en vidro laminado e o prazo de execución é de tres meses.

“Imos darlle o nivel e grado de conservación que lle corresponde”, declarou o rexedor en rolda de prensa. “A tradición do tranvía marcou a cidade e foi un factor de modernización na primeira metado do século pasado”, engadiu.

Caballero tamén due conta do inicio dos traballos para o peche da traseira da pérgola de Praza América. “Melloramos a pérgola na que as persoas esperan polo autobus coa cubrición de cristal”. O alcalde explicou que é unha zona vulnerable aos ventos e as choivas e que é precisa a cubrición.

Leer más:   O alcalde mantén un encontro coas xerentes dos hipermercados Carrefour de Vigo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorÚLTIMA HORA | ‘A hostias’ en Vigo: detenida una mujer de 40 años por estampar un vaso en la cara
Artículo siguienteO goberno de Vigo actuará de forma subsidiaria no edificio de Colón 38 para garantir a seguridade