Inicio Últimas Noticias Beret súmase ao cartel de Castrelos o 5 de agosto

Beret súmase ao cartel de Castrelos o 5 de agosto

O goberno de Vigo inicia a tramitación do expediente de contratación do concerto que o artista sevillano ofrecerá este verán dentro do programa de festas da cidade. Tamén se iniciou o expediente de contratación do espectáculo infantil “La Ratita Presumida”.

Beret subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro sábado 5 de agosto para presentar na cidade os temas do seu novo disco “Resiliencia” dentro das festas de verán de Vigo.

Abel Caballero deu conta na rolda de prensa matinal da tramitación do expediente de contratación do concerto do cantante sevillano, artista que se caracteriza pola mestura de estilos como o pop, baladas, reguetón, ritmos latinos e sons urbanos. Neste último traballo destaca a colaboración con artistas como Estopa, Omar Montes, Reik, Morat e Malú.

Leer más:   Vigo insta á Xunta ao apoio á candidatura de Illas Cíes Xeoparque da UNESCO

Con Beret, xa se iniciou a tramitación de contratación de 5 dos concertos que acollerá Castrelos este verán, coas actuacións de Andrés Calamaro (8 de xullo); David Bisbal (15 de xullo); Pablo López (24 de xullo); Beret (5 de agosto) e Ana Mena (15 de agosto).

Espectáculo infantil “La Ratita Presumida”

O rexedor tamén informou esta mañá que o goberno municipal iniciou a tramitación do expediente de contratación do espectáculo infantil “La Ratita Presumida”, que estará en Castrelos o 19 de xullo. Trátase dun espectáculo inspirado no conto orixinal de Charles Perrault, que realiza unha visión moi divertida da historia, que se mesturará cunha estética dos personaxes inspirada nos anos 50, co nacemento do rock and roll.

Leer más:   Vías e Obras Alcaldía Medio Ambiente O Concello inviste 1,8 millóns de euros na humanización da Avenida de Samil O alcalde participou este luns no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra coa que se recuperará para o uso cidadán o tramo comprendido entre o Camaleón e Punta Samil.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal mellora a calidade da rede de abastecemento en 15 rúas
Artículo siguienteA Porta do Sol acolle unha lectura pública para celebrar o Día do Libro