Inicio Últimas Noticias O goberno de Vigo adxudica os traballos para sumar 14 novos murais...

O goberno de Vigo adxudica os traballos para sumar 14 novos murais de arte urbano

O Concello notificou a adxudicación, por 181.505 euros, do contrato para as obras do IX programa de decoración de murais e xa seleccionou os espazos que acollerán novas obras de arte na rúa.

O alcalde informou esta mañá da adxudicación en Xunta de Goberno, por 181.505 euros, para a preparación dos espazos que albergarán os 14 novos murais. Como sinalou o rexedor “é unha forma de rexeneración de espazos e estruturas da cidade a través da pintura”

Os emprazamentos elixidos ao efecto son os seguintes: muro exterior do colexio Mestres Goldar; muro exterior da urbanización Sotavento; muro exterior del colexio Compañía de María; rúa Castelao nº 26; rúa Benito Castro Nogueira nº 8; pista deportiva Torrecedeira; polideportivo de Valadares; rúa Coutadas nº 87; rúa Coutadas nº 185; Travesía de Vigo nº 191; rúa Clara Campoamor nº 21; rúa Abeleira Menéndez nº 16; rúa Navarra nº 18 e rúa Doutor Carracido nº 130.

Leer más:   O TSXG confirma a legalidade da decisión municipal de prorrogar a concesión de Aqualia


- Te recomendamos -
Artículo anteriorBeret súmase ao cartel de Castrelos o 5 de agosto
Artículo siguienteO CINVIGO converte a cidade nun laboratorio científico