Inicio Últimas Noticias A Coral Casablanca volve a Castrelos o 29 de xullo

A Coral Casablanca volve a Castrelos o 29 de xullo

O Concello iniciou o expediente de contratación do recital da Coral Casablanca, que se suma ao cartel de concertos de verán no Auditorio municipal ao aire libre.

O alcalde informou en rolda de prensa da posta en marcha deste trámite que permitirá gozar nas festas de verán da cidade dunha cita “clásica e emblemática” e puxo en valor o evento que unha gran coral cunha grande orquestra sinfónica apoiándoa

A Coral Casablanca ofrecerá o seu recital o vindeiro 29 de xullo, sábado, no auditorio municipal de Castrelos: “unha gran coral cunha grande orquestra sinfónica apoiándoa”, salientou Caballero.

Ademais, o goberno municipal está tramitando a contratación doutro espectáculo infantil: Pinocho, que chegará a Castrelos o 12 de xullo, cunha versión moderna do clásico.

Leer más:   Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado

O cartel de espectáculos infantís de 2023 queda como segue, pendentes dunha última confirmación: o 12 de xullo, Pinocho; o 19 de xullo, A Ratiña Presumida; o 26 de xullo, A Rayuela; o 2 de agosto, O libro da selva. A aventura de Mowgli e o 9 de agosto: Tarzán, o Musical.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Xunta de Goberno aproba a pavimentación de Torrecedeira e 26 rúas nas parroquias
Artículo siguienteDeportes O Concello aborda a candidatura para que Balaídos sexa sede do Mundial de Fútbol 2030 O alcalde presidiu esta mañá, no Auditorio Mar de Vigo, a reunión sobre o proxecto Vigo-Balaídos como cidade interesada en albergar encontros da Copa do Mundo