Inicio Últimas Noticias Comeza o prazo de solicitude das axudas para instalar ascensores en edificios...

Comeza o prazo de solicitude das axudas para instalar ascensores en edificios residenciais

O BOPPO publica hoxe as bases das axudas para mellorar a accesibilidade en edificios residenciais. As comunidades ou grupos de propietarios poderán pedir desde hoxe estas achegas.

Hoxe martes comeza o prazo para solicitar as achegas para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos. O BOPPO publicou hoxe as bases destas axudas que se adxudicarán en réxime de concorrencia competitiva. Cun orzamento de 100.000 euros, o importe máximo a subvencionar por edificio residencial colectivo é de 3.000 euros para actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2023.

Son as comunidades de propietarios ou os grupos de propietarios os que deben presentar as solicitudes para as seguintes actuacións: ascensores, ramplas, plataformas elevadoras, barandas ou obras que teñan por finalidade salvar os desniveis entre beirarrúas e o portal ou entre o portal e o ascensor.

Leer más:   Urbanismo O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026 O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Xunta de Goberno aproba a pavimentación de Torrecedeira e 26 rúas nas parroquias
Artículo siguienteDeportes O Concello aborda a candidatura para que Balaídos sexa sede do Mundial de Fútbol 2030 O alcalde presidiu esta mañá, no Auditorio Mar de Vigo, a reunión sobre o proxecto Vigo-Balaídos como cidade interesada en albergar encontros da Copa do Mundo