Inicio Últimas Noticias A Corporación reclama a Xunta de Galicia un plan de mellora dos...

A Corporación reclama a Xunta de Galicia un plan de mellora dos accesos o IFEVI

Na moción socialista, aprobada este mércores no Pleno cos votos a favor dos demais grupos, salvo o voto negativo dos populares, ínstase a Xunta de Galicia á presentación inmediata dun plan de mellora dos accesos o recinto feiral.

Segundo propón o texto, defendido polo voceiro socialista Carlos López Font, “a Xunta de Galicia cambiou a lei para facerse co control absoluto da xestión do IFEVI, relegando o Concello de Vigo a unha representación porcentual insignificante” o que debe ser un motivo para que o goberno galego “atenda a demanda que leva anos”, procedendo a “elaborar un proxecto de modificación dos accesos o recinto”. A moción suscitou o apoio do grupo socialista, do grupo mixto e do concelleiro non adscrito; realizando un voto negativo os catro membros do Partido Popular.

Leer más:   O Auditorio Municipal será o escenario de “Síbaris”, a obra teatral de Domingo Villar

Moción sobre o financiamento da reforma do Centro Oceanográfico

Tamén se aprobou, no pleno ordinario de maio, a moción do grupo popular que instaba o goberno central a garantir o financiamento para a reforma integral do Centro Oceanográfico de Vigo “para que as instalacións permitan seguir a vangarda da investigación”. A moción saíu adiante con sete votos favorables (grupo popular, grupo mixto e non adscrito) e vinte abstencións.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello insta á Xunta a rebaixar os tempos de espera para a valoración da dependencia
Artículo siguientePatrimonio Histórico Caballero visita o Pazo de Castrelos no Día Europeo dos Xardíns Históricos O 26 de abril celébrase o Día Europeo dos Xardíns Históricos. Con este motivo o Concello organiza visitas guiadas para coñecer os xardíns do Pazo de Castrelos.