Inicio Últimas Noticias O Concello recibe un premio pola labor de CEDRO na erradicación da...

O Concello recibe un premio pola labor de CEDRO na erradicación da hepatite vírica

Vigo vén de recibir o premio “Hepcelentes 2023” concedido pola Sociedade Española de Directivos da saúde e a Alianza española para a eliminación da hepatite. Trátase dun recoñecemento á actividade desenvolvida desde a entidade municipal CEDRO.

O Concello recibiu o premio “Hepcelentes 2023” polo traballo de erradicación da hepatite vírica desenvolvido por CEDRO. O galardón recoñece a esta entidade municipal como un centro de excelencia no ámbito da desaparición desta doenza e poñer en valor o programa de microrradicación da hepatite C, completado desde que Vigo se sumou ao proxecto “Cidades Libres de hepatite”, en 2021.

O Proxecto Hepcelentes, posto en marcha pola Alianza española para erradicación da hepatite e a Sociedade española de Directivos da Saúde, desenvolve un sistema de certificación de centros de adiccións comprometidos coa eliminación desta enfermidade.

Leer más:   Caballero: “ Radio Vigo está sempre ao servizo e en defensa de Vigo. Sodes compañeiros perennes das causas xustas da cidade”

O premio será entregado o próximo 11 de maio en Sevilla, no marco da Cátedra de Hepatoloxía da Universidade de Sevilla.

Camiño Freixeiro

O Concello reabriu ao tráfico o Camiño Freixeiro, unha vez finalizada a rehabilitación do muro, unha obra que se elevou a case 90.000 euros. O alcalde explicou que a tramitación foi moi laboriosa xa que precisou autorización de Patrimonio dado a súa proximidade ao Pazo da Pastora. A Xunta requiriu moita información antes de validar os traballos o que retrasou a execución dos mesmos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo acollerá o V Congreso Mundial Jules Verne en 2028
Artículo siguienteDeportes Abel Caballero: "Vigo é unha cidade de baloncesto feminino, contamos cunha dilatada experiencia para albergar esta fase de ascenso a Liga Endesa" O rexedor participou esta mañá na presentación da "final four" polo ascenso a Liga Endesa que se disputará este fin de semana no Pavillón de Navia, no que será protagonista o Celta Zorka Recalvi. Estivo acompañado, entre outros, por Elisa Aguilar, directora de competicións da Federación Española de Baloncesto; Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto e Carlos Álvarez, presidente do clube. Caballero aproveitou para transmitirlle a todo o plantel local o seu apoio ante a cita transcendental, "baixo o convencemento de que imos gañar esta fase, porque sodes as mellores".