Inicio Últimas Noticias O xoves retómanse as obras na Estrada Porto de Beade

O xoves retómanse as obras na Estrada Porto de Beade

O Concello fixo un modificado para a mellora da obra tras a cesión de terreos por parte dos veciños. A Estrada Clara Campoamor, en execución fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro, rematará en xuño. O Concello está a redactar o proxecto para a mellorar do pavillón do Carballal.

O alcalde informou da continuación das obras na Estrada Porto de Beade este xoves, o cal podería afectar ao tráfico na zona, segundo informou o rexedor. O Concello fixo un modificado da obra para a mellora do trazado e a amplitude do viario logo da cesión por parte da veciñanza de máis terreos. Tamén se mellorarán as redes de saneamento e luminarias. A obra rematará en cinco meses. A inversión é de tres millóns de euros.

Leer más:   Vigo acolle o 60º Campionato de España clase Vaurien

Clara Campoamor

Tamén Abel Caballero informou que a humanización da Estrada Clara Campoamor, a Fase I que se está a desenvolver fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro, rematará no mes de xuño. Trátase de obras de accesibilidade ao centro sanitario con beirarrúas con sistema de seguridade, así como a renovación de redes, canalizacións, novas luminarias e sinalización. A obra supón un investimento de medio millón de euros.

Pavillón do Carballal

O Concello está a redactar o proxecto do pavillón do Carballal. O alcalde avanzou que haberá unha nova grada, mellora da pista para os condicionantes federativos e unha ampliación do pavillón.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde felicita ao Celta Zorka polo ascenso á Liga Endesa
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Vigo, 3 de mayo de 2023