Inicio Últimas Noticias Caballero dá a benvida ao equipo da musical “Cruz de Navallas, o...

Caballero dá a benvida ao equipo da musical “Cruz de Navallas, o último Mecano”

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o espectáculo, que triunfou en Madrid e Barcelona, do 19 ao 21 de maio. “Vigo merécese un espectáculo de tan alta calidade e será todo un éxito”, augurou o rexedor.

O alcalde participou esta mañá na presentación do espectáculo musical “Cruz de Navallas, o último Mecano”, que ofrecerá catro actuacións, do 19 ao 21 de maio, no Auditorio Mar de Vigo. “Estamos encantados de que un espectáculo tan innovador e de tan alta calidade veña a Vigo xa que esta cidade merécese o mellor e estamos seguros de que será todo un éxito”, asegurou o rexedor, que deu o parabén ao auditorio por programar esta cita.

O director do musical, Gonzalo Pérez, destacou que se trata do espectáculo máis grande que trouxeron nunca ao Auditorio e que ofrece “unha mestura entre musical, concerto e espectáculo inmersivo con avanzada tecnoloxía que non se viu en España e que marcará o que se vai a facer proximamente”. A diferenza dos clásicos musicais, o formato deste espectáculo non emprega un fío argumental que conecte cada tema do conocidísimo grupo pop Mecano, senón que cada unha das 30 cancións “ten a súa propia e orixinal posta en escena que asombrarán ao público”.

Leer más:   Vigo contará cun servizo de bicicletas eléctricas

Un total de 25 persoas entre actores, cantantes, bailaríns e músicos estarán sobre o escenario dunha montaxe, advirte o director, “que precisa unha complejísima e custosa organización con outras corenta persoas por detrás do escenario”. Pérez destacou, ademais, que se trata do único espectáculo en xira nestes momentos “no que absolutamente todo é en directo e que é exactamente igual ao que se puido ver en Madrid ou Barcelona”.

A presentación pechouse cunha interpretación da directora vocal do espectáculo Lieta Molinet.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Paseo de Bouzas abrirá ao público na Brincadeira
Artículo siguienteVías e Obras O Paseo de Bouzas abrirá ao público na Brincadeira Abel Caballero deu conta do avances das obras, coa rampla de accesibilidade á praia. O Paseo de Bouzas estrearase coa festa da Brincadeira a segunda fin de semana de maio.