Inicio Últimas Noticias O Goberno de España apoia a candidatura de Cíes a Xeoparque da...

O Goberno de España apoia a candidatura de Cíes a Xeoparque da UNESCO

Abel Caballero mantivo un encontro co ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España, José Manuel Albares, onde trasladoulle os estudos realizados para a candidatura de Illas Cíes para ser Xeoparque da UNESCO, ao que o mandatario estatal confirmou “o apoio para que a candidatura triunfe”.

O alcalde recibiu ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, nunha visita institucional á cidade de Vigo. Na xuntanza, Abel Caballero e o mandatario do Goberno de España, abordaron cuestións da candidatura de Illas Cíes para ser Xeoparque da UNESCO, ao que o ministro respondeu co “seu apoio para que a candidatura triunfe porque é merecido e lóxico, co seu potencial e contribución a Vigo e Galicia”.

Leer más:   O Concello urxe á Xunta a acabar co cofinanciamento dos tres centros de día de Vigo

Ambos os dous intercambiaron opinións sobre a internacionalización da cidade. “Vigo é a cidade da economía, e moita parte ten que ver coa economía internacional como o automóbil, o naval ou a pesca”, manifestou o rexedor. Caballero agradeceu a visita “nun momento tan importante de España nas relacións co exterior”.

Pola súa banda, José Manuel Albares louvou a acción municipal “pola contribución a situar a cidade entre as grandes referentes europeas e internacionais” e comprometeu o apoio do Goberno de España aos sectores económicos estratéxicos da cidade. O ministro de Exteriores lembrou que Vigo acollerá o Consello da UE sobre pesca que se desenvolverá o 17 e 18 de xullo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorElecciones municipales: estos son los candidatos a la alcaldía en Vigo
Artículo siguienteA cidade acolle mañá 6 de maio a XXXVI Festa do Karate infantil