Inicio Últimas Noticias A rampla de Carral comezará a funcionar a semana que vén

A rampla de Carral comezará a funcionar a semana que vén

O alcalde deu conta do avance das obras da humanización e instalación da rampla mecánica na rúa Carral, que rematarán a finais da próxima semana. Este elemento mecánico inclúese na humanización da nova Porta do Sol na que se investiron case 17 millóns de euros.

A rampla que vai de Carral ata Porta do Sol comezará a operar a próxima semana. O alcalde informou do avance das obras que se están a acometer coa humanización da rúa e a instalación do elemento mecánico que achega desde o cruce de con Marqués de Valadares ata a nova praza.

Esta rampla ten un importe de 350.000 euros, incluídos na obra da nova Porta do Sol onde o Concello investiu 17 millóns de euros. O rexedor detallou que abarca unha lonxitude de 27 metros e salva 5 metros de altura. O estilo é como as escaleiras de II República, con pórticos metálicos e vidro. Estará axardinada na parte alta e un dos laterais.

Leer más:   Vigo, pendente informe de Patrimonio da Xunta para comezar a remodelación da Avenida de Madrid

Porta do Sol

Abel Caballero tamén informou da instalación de dous bancos de granito “co estilo da praza” na Porta do Sol con dúas árbores. O alcalde lembrou que os elementos son móbiles para darlle á nova praza distintos usos.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello solicita fondos europeos para o Pazo de Castrelos
Artículo siguientePatrimonio Histórico Turismo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia O Concello solicita fondos europeos para o Pazo de Castrelos A Xunta de Goberno aprobou a participación do Concello no programa para a mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico de uso turístico enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU. As melloras do Pazo de Castrelos suporán un investimento de 1,5 millóns de euros.