Inicio Últimas Noticias A Policía Local incorpora 19 efectivos

A Policía Local incorpora 19 efectivos

O alcalde presidiu este martes no Concello a toma de posesión como funcionarios dos novos axentes. No mes de xuño, o Corpo sumará 81 policías incorporados.

A Policía Local de Vigo conta con dezanove efectivos máis, que veñen de incorporarse ao servizo logo da súa toma de posesión celebrada no Concello e presidida por Abel Caballero. Son onde oficiais, unha permuta de Policía Local e sete inspectores de Policía.

Tal e como explicou o rexedor, no mes de xuño van incorporarse á Policía 21 axentes que nestes momentos están cumprindo co período de prácticas na academia. Así as cousas, ata o mes de xuño deste ano serán 81 os policías incorporados ao cadro de persoal, que está conformado por un total de 335 operativos.

Leer más:   Abre o prazo de inscrición para as visitas ás Illas Cíes do "Camiño a Camiño" os domingos 19 e 26 de maio


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello aproba 4.000 prazas para os campamentos de verán
Artículo siguienteDoce heridos por inhalación de humo en un incendio en un edificio de la calle Travesía en Vigo