Categorías: Últimas Noticias

Vigo aproba o seu décimo sexto orzamento consecutivo cun montante de 292 millóns para 2023

O Pleno deu luz verde definitiva ao orzamento de 2023, que se eleva a 292 millóns de euros, cos votos a favor do PSOE e o voto en contra do resto dos grupos políticos. Nunha rolda de prensa posterior, Caballero puxo en valor que se trata do décimo sexto orzamento aprobado de xeito consecutivo e afeou á oposición que voten en contra, entre outros aspectos, dos 33,8 millóns previstos no capítulo de investimentos.

O Pleno municipal aprobou definitivamente o décimo sexto orzamento consecutivo en tempo e forma o que supón que Vigo vive a “máis importante estabilidade política de ningunha gran cidade española”. O documento aprobado recolle 292 millóns de euros que se elevarán a 385 millóns con remanentes e fondos europeos. “Son unha inmensa contribución á cidade e á actividade económica”, dixo o rexedor. O orzamento volve contemplar por cuarto ano consecutivo a conxelación de impostos e taxas significa, unha baixada do 17% en termos reais, dado o índice de inflación. Destacou Caballero que Vigo é a cidade con menor presión fiscal de Galicia, ademais de ter débeda cero.

A partida de inversións é de 33,8 millóns que servirán, entre outros, para humanizar a rúa San Roque, Gregorio Espino, a avenida de Castelao, rematar o estadio de Balaídos, construír catro quilómetros máis de paseo do Lagares, eliminar barreiras arquitectónicas, humanizar a rúa Foxos, colocar unha escultura de Rosalía de Castro na rúa homónima, prevé un proxecto global para rehabilitar o Concello e a súa contorna, novas zonas verdes, creación do cemiterio ecolóxico de Pereiró, mellora de escenario de Castrelos, parques infantís, instalación de ascensor na Asociación de Veciños Navia Vello, pavillón de deportes de Matamá, entre outras.

Dentro do Vigo Vertical, as contas de 2023 inclúen as ramplas de Travesía de Vigo-Aragón; a de acceso ao Centro de Saúde de Teis; a de Ramón Nieto-Centro de Saúde de Lavadores; a do colexio Losada a Ramón Nieto; así como o ascensor de Travesía de Vigo ou o de Romil a Hispanidade.

Durante o ano que vén, tamén se redactarán os proxectos de humanización das seguintes rúas: Serafín Avendaño (entre García Barbón e Canadelo Baixo); Darío Durán; Rosalía de Castro (entre Pontevedra e República Argentina 1ª fase); Gerona (entre Alfonso X y Álvaro Cunqueiro); Pintor Laxeiro (entre Camelias e Regueiro); Simón Bolívar e Colmeiro Laforet; Rocío;Eugenio Arbones; Manuel Martínez e Praza Sardiña; Pega; Aguia e os viais interiores na Salgueira.

Redacción

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Vigo, 29 de abril de 2024

Hoy a primera hora en Vigo se esperan nubes escasas. Por la tarde se prevén…

4 horas hace

Vigo: Qué tiempo va a hacer en el puente de mayo

¿Cómo estará el tiempo en Vigo durante el próximo puente de mayo? Los expertos advierten…

9 horas hace

El tiempo para hoy en Vigo, 28 de abril de 2024

Hoy a primera hora en Vigo tendremos nubes y claros con lloviznas generalizadas. A medida…

1 día hace

Gonzalo Sánchez de PwC España aboga por una banca rentable para el crecimiento nacional

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

1 día hace

Equipos de la America’s Cup muestran sus cartas con la botadura de los ac75

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

1 día hace

Asempleo promueve un pacto general para bajar la tasa de accidentes laborales

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

2 días hace

Esta web usa cookies.