Xa son 11.000 as solicitudes de axudas de libros habilitadas polo goberno local para o alumnado que cursa ensino obrigatorio. A maior parte destas peticións tramitáronse por vía telemática e o prazo segue aberto ata o próximo 2 de febreiro.
O alcalde deu conta esta mañá da recepción de 11.000 solicitudes de axudas de libros das que 7.170 chegaron vía telemática e, 3.830, de xeito presencial. Caballero lembrou que o prazo remata o 2 de febreiro a animou á cidadanía a seguir presentando o seus formularios, o ben á través da web www.vigo.org, ou ben de forma presencial no Rexistro, sobre todo en horario de tarde, desde as 16,00 ata ás 20,00 h de luns a xoves, sen cita previa.
O importe das axudas é de 5,2 millóns polo que a contía por alumno é de 205 euros. O único requisito é estar matriculado no centro de Primaria, Secundaria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo. O alcalde puxo en valor que Vigo é a única cidade española que ofrece axudas para a libros.
Dispositivo de frío
En rolda de prensa o alcalde, reiterou que Vigo é a única cidade galega con albergue municipal ao que o Concello adica case 1,5 millóns. Ademais, a unidade de rúa sae a diario, de luns a domingo, ofrecendo bebidas quentes, mantas e o servizo de pernocta ás persoas que dormen na rúa. Nestes momentos hai vacantes 13 prazas, 7 de muller e 6 de home.
Para as persoas que non queren pasar a noite nos albergues sostidos con fondos municipais pero si refuxiarse do frío, teñen a súa disposición unha sala nas instalacións de Marqués de Valterra na que se lles servirá comida quente, poden ver a televisión, ler xornais ou ter acceso a ordenadores.
Hoy a primera hora en Vigo el cielo estará cubierto con tormentas acompañadas de lluvia.…
Durante las primeras horas del día en Vigo habrá cielos nubosos con tormentas acompañadas de…
Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar…
Abel Caballero mantivo unha reunión esta mañá co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar…
La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…
El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…
Esta web usa cookies.