Inicio Últimas Noticias O goberno municipal inclúe obradoiros de canto e teatro na programación da...

O goberno municipal inclúe obradoiros de canto e teatro na programación da Casa das Mulleres

O prazo de inscrición nas actividades organizadas na Casa das Mulleres comeza hoxe e toda a programación volve ser gratuíta. Neste primeiro semestre de 2023, están previstos sete obradoiros entre os que destacan cursos de canto, teatro ou escritura.

O alcalde avanzou esta mañá a programación do primeiro semestre de 2023 da Casa das Mulleres, situada na rúa Romil, 20. obradoiros de canto e de teatro, formación sobre o uso do móbil e de escritura, así como cursos de Igualdade para monitores de animación sociocultural e de ocio e tempo libre. Completa o programa o obradoiro “Falamos” e o grupo de autoaxuda mutal para mulleres en situación de violencia de xénero.

Segundo detallou o rexedor, os horarios e as datas desta oferta están dispoñibles na páxina web municipal. O período de inscripción comeza hoxe e todos os cursos son gratuitos.

Leer más:   "Necesita una inspección o una denuncia": Los vecinos de Vigo, indignados con esta cafetería


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello inicia a obra das ramplas mecánicas en Teis
Artículo siguienteVías e Obras Vigo Vertical O Concello inicia a obra das ramplas mecánicas en Teis O alcalde puxo a primeira pedra simbólica da obra do Vigo Vertical que dará acceso ao centro de saúde de Teis. A humanización e posta en marcha das ramplas mecánicas na rúa Ángela Iglesias Rebollar salvará unha pendente do 17%.