Inicio Últimas Noticias Caballero anuncia a recuperación da Gala do Atletismo de Vigo e unha...

Caballero anuncia a recuperación da Gala do Atletismo de Vigo e unha Run Run Vigo de récord

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou o circuíto Run Run Vigo 2023 e anunciou a recuperación da Gala do Atletismo de Vigo para o martes 24 no auditorio municipal.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou o circuíto Run Run Vigo 2023 e anunciou a recuperación da Gala do Atletismo de Vigo para o martes 24 no auditorio municipal. Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes das carreiras populares que compoñen o calendario da décimo cuarta edición desta serie de probas en asfalto, o rexedor anunciou que “a pandemia está superada, estamos fronte a unha nova etapa e como somos xentes de obxectivos queremos un salto cualitativo e acadar as 25.000 inscricións este ano”.

En 2022, co uso de máscaras aínda presente no primeiro cuadrimestre e a pandemia recente, as probas atléticas, como ocorreu noutros deportes, sufriron unha lóxica perda de participantes. Agora o Concello presenta un programa de récord: máis probas (doce, unha máis sobre a edición anterior), máis quilómetros (un máximo de 152 km.) e máis barrios e parroquias alcanzados. “Esta capacidade de xerar atletismo, carreiras e Run Run é unha garantía de éxitos”, subliñou Caballero en referencia aos organizadores dos eventos, dende asociacións veciñais a clubs, pasando por organizacións solidarias, empresas e a propia Federación Galega de Atletismo. A eles dedicou o seu principal recoñecemento porque “sei da súa importancia”, sostivo.

Leer más:   Un novo ascensor conectará as rúas Marqués de Valterra e Torrecedeira

Incorpóranse a esta liga atlética a carreira Praia de Samil, de 6 quilómetros polo areal vigués, e “La 21” (media maratón dende Coruxo ao centro), regresando tamén a Correndo por Vigo, nas Travesas, cancelada o ano pasado. Coas dúas primeiras incorpórase unha gran parte da costa, en sentido inverso á Vig-Bay. O xefe do goberno local indicou tamén que o circuíto comezará a derradeira fin de semana deste mes (domingo 29) coa Subida ao Castro e rematará coa Érguete e Corre (dende o Centro Comercial Vialia e pola nova Vía Verde) o 3 de decembro. Entre elas, dez carreiras máis: Calvario 5+5 (26 de febreiro), 10K de Teis (12 de marzo), Vig-Bay (26 de marzo), Cereixa (16 de abril), Praia de Samil (17 de maio), Correndo por Vigo (10 de xuño), San Xoán (23 de xuño), Vigo contra o Cancro (15 de outubro), “La 21” (5 de novembro) e a Vigo+11 (12 de novembro, que posiblemente será en data máis tardía).

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

Como en anos anteriores, boa parte das carreiras contarán con probas de formación previas. O alcalde quere chegar este ano a cifra de “2.500 nenas e nenos en elas” como outra forma de promoción do atletismo. Un ano máis, o Concello ocúpase da loxística que rodea a estas carreiras (cobertura da policía local, valos, chips, camión podio…), o que supón un importante aforro para as organizacións. E tamén da gala promocional do Run Run Vigo, que se estendeu a todo o atletismo vigués. “Vigo é unha terra na que se dá moi ben o atletismo, sempre tivemos unha gran presenza neste deporte e hai un don especial para o atletismo”, dixo o alcalde. Por iso, a gala do martes 24 recoñecerá non só aos podios do circuíto 2022, senón tamén aos vencedores do circuíto de cros escolar e aos gañadores da Series Municipais de pista.

Leer más:   Samil acolle o 16 de xuño o Holi Life Remenber con mais cor e mais festa


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo apaga as luces de Nadal, pero arrinca a conta atrás para a próxima edición
Artículo siguientePatrimonio Histórico O Concello inicia as obras de musealización da fortaleza de O Castro Abel Caballero e Carmela Silva puxeron a simbólica primeira pedra para a recuperación das galerías de O Castro e a súa musealización. A obra supón un investimento de 1.100.000 euros.