Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “Vigo é a cidade co turismo máis desestacionalizado de España,...

Abel Caballero: “Vigo é a cidade co turismo máis desestacionalizado de España, contámos cunha inmensa afluencia en verán e inverno”

Na noite de onte os representantes da hostalería e o comercio renderon onte unha homenaxe ao Concello de Vigo en recoñecemento ao éxito do Nadal

O alcalde agradeceu hoxe a homenaxe rendida polo sector hosteleiro e comercial da cidade e da provincia ao Concello de Vigo polo éxito do Nadal. Caballero destacou que no acto “reuniuse o o sector que vertebra o Nadal de Vigo. Son a cara visible, fan que a xente que nos visite goce e sexa inmensamente feliz”. O rexedor agradeceulles que realizasen este recoñecemento de forma pública e reivindicou que o éxito do Nadal “é exclusivamente deste Concello e da cidade de Vigo”. Ademais, destacou que o Nadal é “o feito turístico máis importante de toda Galicia”.

Leer más:   O Auditorio Municipal acolle os días 25 e 29 de abril o torneo de debate escolar con estudantes de 3ª e 4ª da ESO

O rexedor enfatizou que no período de Nadal “superamos amplamente os 3 millóns de visitantes”, destacando a gran afluencia de visitantes de Portugal este ano, pero apuntando que a próxima edición “será mellor que esta e bateremos os nosos propios récords”. Para rematar, Abel Caballero quixo destacar que en Vigo tamén tivemos “un verán excepcional”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorTres personas intoxicadas en Vigo por inhalación de gas
Artículo siguienteO goberno local retoma o domingo 19 de febreiro a San Silvestre suspendida polo mal tempo