Inicio Últimas Noticias O alcalde abordará con Isabel Pardo de Vera “os tres temas centrais...

O alcalde abordará con Isabel Pardo de Vera “os tres temas centrais da cidade”

Abel Caballero e a Secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana manteñen un encontro de traballo en Madrid para tratar temas relacionados co urbanismo e a rehabilitación de vivendas dos municipios e no que falarán do Ave por Cerdedo, a Saída Sur e a autovía en túnel a Porriño.

Tal e como avanzou o rexedor en rolda de prensa, a reunión deste luns con Isabel Pardo de Vera permitirá avanzar en cuestións relacionadas coa Federación Española de Municipios e Provincias: urbanismo, rehabilitación de vivendas e transporte.

Amais, o encontro servirá para abordar os “temas centrais de Vigo”: o tren de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo que é “o máis importante para a cidade en canto a infraestruturas” neste momento, apunta Caballero; a autovía a Porriño en túnel e a saída sur de Vigo en alta velocidade, un tema que xa trataron os presidentes de España e Portugal no cumio bilateral celebrado en novembro en Viana do Castelo.

Leer más:   O Concello inicia a instalación da ponte sobre a fervenza da Cova da Serpe no Lagares

Xunta de Goberno da FEMP

O alcalde de Vigo presidirá este martes, no Concello de Toledo, a Xunta de Goberno da FEMP, na que se prevé realizar un balance sobre a evolución dos Fondos Europeos asignados ás entidades locais.

O mércores, 1 de febreiro, Abel Caballero participará na Audiencia que As Súas Maxestades os Reis ofrecerán á Comisión Nacional do Bicentenario da Policía Nacional, da que Caballero forma parte en calidade de presidente da FEMP. A Comisión está presidida polo Ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska e dela forman parte o Secretario de Estado de Seguridade, o director xeneral da Policía, varios directores e directoras xerais e reitores de varias universidades, entre outras autoridades.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEncuentran el cuerpo sin vida del desaparecido en Gondomar
Artículo siguienteEl tiempo en los próximos días en Vigo